Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
C.S. ROI SOGA DE LOBEIRA, EN NOIA

Mostra sobre o exilio galego en Venezuela

A exposición organizada pola Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza estará en Noia até o 1 de marzo.

Redacción - 18:18 25/02/2008

Venezuela ocupou un notábel lugar como país de acollida de exilados galegos que fuxían da represión franquista, entre eles Xosé Velo Mosquera, Manuel Otero Castelao, Xosé Sesto ou Xoán Noia. Mesmo rompeu relacións diplomáticas co goberno de Franco, recoñecendo ás autoridades da República como único goberno español lexítimo entre 1945 e 1948.

A exposición está organizada por Xurxo Martínez Crespo, coordinador da edición Venezuela de Vieiros, e consta de vinte paneis fotográficos editados por Fesga (Fundación para o Estudo da Cuestión Social e Sindical de Galiza). Na presentación en Noia o autor estivo acompañado por Manuel Mera e Uxío Breogán Diéguez.

A exposición comezou o seu percorrido na Casa da Xuventude de Cangas en decembro, e poderá visitarse en Noia até o 1 de marzo. Nesa data, pecharase a mostra coa proxección dun audiovisual realizado polo Fesga e cunha cea de confraternidade no mesmo local do Centro Social Roi Soga de Lobeira de Noia (Rúa Travesa, número 3). O horario da exposición é de seis e media a oito e media da tarde, martes, xoves e sábado.


4/5 (4 votos)


Comentarios (1)

COUTOVEN #1 26/Febreiro/2008 COUTOVEN

Este é un valioso achegue que dignifica á nación e pobo Venezolano. Que un día abriu as súas portas e o seu corazón a miles de galegos que tiveron que abandonar as súas terras, por necesidade ou persecución política.

É necesario que se dea a coñecer o xusto valor destes homes que dignificaron a conciencia nacionalista galega. Para que o seu exemplo sexa guía dos nosos pasos.

Tamén é xusto que se recorde ese Galego anónimo que viaxo a estas terras de bonanza e lograron levantar ás súas familias e axudaron a engrandecer o xentilicio Venezolano.

Aínda que é necesario ver ao pasado para non repetir os erros no presente. É importante que a historia non se repita pero ao revés. Os netos e fillos deses Galegos que un día tiveron que abandonar as súas terras pola pobreza e a persecución política. Hoxe en día é posible que teñan que emprender o camiño de retorno por razóns moi similares. Como produto dun goberno militarista corrupto e intolerante e talvez máis perverso que o encarnado polo mismísimo caudillo.

De tal xeito que é moi loable que se fale da Venezuela do onte. Pero que non peche os ollos á Venezuela de hoxe. Xa que isto sería o maior acto de inxustiza cara á conciencia destes Galegos ilustres e dos seus anónimos compañeiros de aventura americana.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: