A estatua proxectada, que resultou gañadora nun concurso, titúlase 'Guerrillero Heroico' e únese á efixie en honor a Martí, xa existente no municipio.
Oleiros contará dende este ano cun gran monumento en honor de Ernesto 'Che' Guevara. Grande en dimensións, pois medirá oito metros, e unirase á avenida que atravesa o centro do concello e que xa leva o nome do líder revolucionario, e ao monumento en lembranza de José Martí.
Os artistas cubanos Juan Quintanilla Álvarez e Karol William Pérez gañaron o concurso de proxectos convocado polo concello de Oleiros, segundo recolle Granma este martes. Os creadores estiman que os traballos de construción do monumento, titulado Guerrillero Heroico, ocuparán ao redor de tres meses. A estatua estará composta de pedra galega e de aceiro e o proxecto foi cualificado de 'complexo' polos expertos. Quintanilla é Profesor de Mérito do Instituto Superior de Arte (ISA), e é considerado un dos máis recoñecidos escultores cubanos contemporáneos.
En Badalona inaugurouse en novembro de 2007 unha estatua dedicada ao 'Che' construída en ferro e cunha altura de seis metros; o monumento foi obra do escultor Holguín Sílvio Pérez Carralero. Así mesmo, na cidade arxentina de Rosario, onde naceu Ernesto Guevara, está previsto que se presente o 14 de xuño de 2008 (día do nacemento do revolucionario) a primeira estatua en honor do Che en Arxentina, fabricada con tres mil quilos de bronce procedente de doazóns particulares.
Um orgulho como Galego homenaxear a josé Martí e Ernesto Che Guevara, para cando unha do comandante en xefe?
Lo que nos faltaba. La izquierda totalitaria elevando monolitos a los asesinos...
¿La próxima a quién se la hará? ¿A Fidel?
Hai máis romanticismo que realidade nas homenaxes ó Che.Guióu,xunto con Fidel,un golpe de estado lexítimo en Cuba.Lexítimo porque o governo de Batista era ilexítimo.Pero esa revolución popular acadóu por se converter en ilexítima,porque un só partido non fai democracia,e convertéu a Cuba nun cárcere,iso sí,con tan bós servizos de saúde e ensino como os de Noruega,por exemplo.Bó,o ensino para nada tan ceibe e democrático como o dese estado europeo.
E non se precisará en Oleiros cousas máis prácticas que unha estatua ó Che?
Por cierto, el sectario de su alcalde ya dijo que como mucho tendría 3 metros. Y no, en Oleiros no hay nada más importante por lo que se ve que tener una estatua del Che...y así les va.