As institucións e creadores cualifican de éxito a participación de Galiza, cun orzamento final de 1.3 millóns de euros.
A cultura galega realizou este mércores o seu balance sobre a participación de Galiza na Feira do Libro da Habana, cualificada de "fito histórico" e de "éxito". Responderon tamén deste xeito ás críticas que na última semana recibira a delegación cultural galega, críticas que atribuíron á ignorancia e ao descoñecemento da realidade, así como ao clima preelectoral.
No balance repetiuse, sobre todo, o concepto da proxección internacional da cultura galega; "transmitiuse a imaxe dunha cultura viva, puxante e vigorosa", en palabras de Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural. Pola súa banda, Ánxela Bugallo lembrou que nunca na historia se traballara na promoción exterior, como por exemplo a Generalitat de Cataluña leva facendo case trinta anos, e que polo tanto constitúe un "éxito" que Galiza despois de tan só dous anos de traballo fose convidada de honra nunha feira internacional. A Habana constitúe a porta de entrada para a cultura galega en América Latina, representa o primeiro paso que se dá a gran nivel, e significa un investimento cultural estratéxico.
Na Habana participaron 32 países, 81 expositores internacionais (entre eles os stands das feiras de Guadalaxara e Fráncfort) e medios de comunicación globais, como as tres principais axencias internacionais (Associated Press, Reuters e France Press) e televisións como CNN, BBC ou a ZDF. Polo pavillón de Galiza, en concreto, pasaron duascentas mil persoas.
Nos dous últimos anos a música galega estivo no Popkomm, no Midem e no Womex; a banda deseñada viaxou a Angouleme; as artes plásticas tiveron unha notábel representación na Bienal de Venecia; e as letras galegas foron protagonistas en Fráncfort, Boloña e Guadalaxara. Precisamente a feira mexicana volverá ser en 2008 un dos grandes obxectivos da proxección internacional galega, coa mirada posta no ano 2011, cando Galiza pode ser alí o país convidado. Terá ese recoñecemento este verán na Feira Marítima de Brest, que comezará en xullo.
"Con orgullo e sen xustificarnos"
Finalmente, o investimento de Galiza na Feira do Libro foi de 1.3 millóns de euros, algo máis da terceira parte da cantidade presupostada nos orzamentos de 2008 para a proxección cultural internacional. Como referencia, cando en 2006 Andalucía foi a cultura convidada na mexicana Feira do Libro de Guadalaxara investiu tres millóns de euros, e no 2007 Cataluña gastou 11.5 millóns na Feira do Libro de Fráncfort. Nestas últimas semanas, o Partido Popular e certos medios de comunicación xeraron unha polémica sobre o gasto da administración galega en Cuba.
Ánxela Bugallo respondeu a esas críticas que "investiremos aínda máis no futuro", porque a cultura galega "acaba de demostrar que cando sae fóra acada o éxito internacional". Así mesmo, Bugallo afirmou que "fomos a Cuba con orgullo e sen ter que xustificarnos por nada". E concluíu: "despois de que durante décadas os galegos saísen fóra para escapar da miseria, despois de que durante décadas tivesen que saír fóra para fuxir da represión, e despois de que durante anos outros (referíase aquí aos sucesivos gobernos de Manuel Fraga) viaxasen a América, tamén a Cuba, con obxectivos que non eran a promoción da cultura galega".
Apoio dos creadores e axentes culturais
A cultura galega apoiou en bloque á xestión realizada pola Consellaría. Na presentación do balance na presenza galega da Feira Internacional do Libro da Habana estiveron Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, Alfonso García, presidente da Asociación Galega de Editores, Elías Torres, vicerreitor da USC, Cesáreo Sánchez, presidente da Asociaicón de Escritores en Lingua Galega. E moitos outros: Víctor Freixanes, Uxía Senlle, Miguelanxo Prado, Narf, Xosé Neira Vilas, Miguel Anxo Fernán-Vello, Teresa Moure, Aurora Marco, Marilar Aleixandre ou Aurora Marco.
Para Ramón Villares a presenza de Galiza en Cuba foi un signo de normalidade e madurez, así como un fito histórico. O presidente do Consello da Cultura Galega quixo lembrar que "alén das polémicas provocadas" hai que ter claro que "non só ten que haber creación cultural, senón que tamén se necesita ser visto e ser recoñecido". Pola súa banda, Alfonso García, presidente da Asociación de Editores, amosou o seu anoxo polas críticas do PP e dalgúns medios de comunicación, "con orixe na campaña electoral e baseadas no descoñecemento e a ignorancia". Ademais, reclamou que a administración autonómica apoie as industrias culturais galegas no seu crecemento no exterior, do mesmo xeito que apoia outras industrias do país.
Mentres, Miguelanxo Prado reclamou as creacións culturais como patrimonio nacional. De igual xeito, lembrou a necesidade de abrir os mercados do exterior para asegurar a supervivencia da cultura galega, que non pode operar unicamente con dous millóns e medio de consumidores.
1."fomos a Cuba con orgullo e sen ter que xustificarnos por nada" e
2."despois de que durante décadas os galegos saísen fóra para escapar da miseria, despois de que durante décadas tivesen que saír fóra para fuxir da represión, e despois de que durante anos outros (referíase aquí aos sucesivos gobernos de Manuel Fraga) viaxasen a América, tamén a Cuba, con obxectivos que non eran a promoción da cultura galega".
Ai falaste Ângela, deixai-os que critiquem, o melhor e rir-se deles. Ladram, então cavalgamos – dizia Dom Quixote.
Hubiera sido mejor invertir 1,3 millones de euros en la cultura gallega que no tirarlos al vertedero de una dictadura inmunda sin repercusión cultural más allá de sus fronteras...
No obstante, a los amigos de Angelita Bugallo les ha salido la feria muy, pero que muy rentable...
Nin trolls nin carallos, ten toda a razón o Gaviotero. É unha vergoña investir 1.3 millóns de euros en Cuba, nun país que é unha dictadura noxenta, onde hai presos políticos que están presos aínda que non usaran a violencia; un país onde a tortura é moneda corrente; un país onde os homosexuais van para a cadea polo simple feito de selo; un país que ten ou tiña ao seu fronte un asasino coma Castro, que defende e ten en vigor a pena de morte. Foi un erro, dos gordos ademais.
A Feira do libro foi onde foi, Galiza non ten a culpa de q sexa unha ditadura.
Ese diñeiro revertirá en contratos e vendas multimillonarias.
O q non fixeron os ppanatas durante 20 anos, fíxoo esta Consellaria en 2 anos e con resultados mais q brillantes.
FORA TROLLS!
(turreiro, eu non estou, nin estaba a discutir esta nova!)
TROLLS FORA, Gaviotero FORAAAA!!!!!
Xa, en Cuba os homosexuais van á cadea... Por iso a filla do presidente é unha das principais activistas polos dereitos dos gays.
http://gl.wikipedia.org/wiki/M...
Si ho, si... Cuba e unha maravilla, como la lluvia en Sevilla, de feito hai activistas políticos, como esa filla do presidente. Como se nota que non falaches con moitos gais cubanos, en Cuba tampouco torturan, nin hai presos políticos, nin hai pena de morte...
Pois non será unha marabilla, pero o de que os gays van á cadea non é certo.
nom é certo o dos gais, nem o da tortura. O dos gais era certo há trinta anos, por certo, umha época na que aquí também havia repressom contra os gais, e no resto do mundo também. O da tortura, nom há um só organismo internacional que o avale. Nos Estados Unidos, em cámbio, todos os organismos de direitos humanos existentes coincidem em que sim há tortura. No estado espanhol também. Remarco que, ao mesmo tempo, em Cuba NOM. Cuba NOM é, por outro lado, umha ditadura. Por certo, definam-me os senhores "democracia", que eu nom o tenho claro; porque se Espanha ou os USA som umha democracia, eu nom som democrata...
A Feira do Livro da Havana irrelevante....HAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHA!!!!!!
ESCARALHO-ME DA RISA!!! Isso é nom saber quê dizer...é um dos eventos culturais mais importantes de Latinoamérica.
E aquí o que proe é: que Galiza foi país convidado (vaia, vaia; sem a tutela de Espanha...)que foi o BNG quem geriu a embaixada cultural, e, claro, que foi em Cuba. A cultura galega viaja a Cuba da mao de um agente político indesejado...quê má combinaçom para o espanholismo...claro, tinham que perguntar-lhe a Frijolito quem podia ir a Cuba e quem nom...por certo, Espanha (sim, sim; Espanha)foi também no seu dia país convidado...e foi (GOVERNANDO AZNAR!!!) Caaaaraaaaaalhoooo...até para criticar há que saber de quê se fala...
Concordo, o evento dá á nosa cultura unha proxección enorme en Latinoamérica.
Näo vou discutir a situaçäo política de Cuba, ainda mais em um momento täo complexo quanto o actual. Porém, näo creio que tal facto deva ser posto em destaque com motivo de uma feira cultural. Se formos puristas, a feira de Guadalajara acontece em um país com uns índices de violência e de exclusäo social alarmantes, e em um Estado onde as forças policiais matam os miseráveis sistematicamente - aliás, como acontece na maioria da América.
Se formos täo puristas, só poderemos participar em eventos realizados em alguns países nórdicos - e nem sei por quanto tempo...
Um abraço a tod@s.
Veo que indicáis más arriba que Galicia no tiene la culpa de que Cuba sea una dictadura ¡Pues claro que no! Pero con las dictaduras sólo cabe el rechazo más absoluto. Y el conchabeo entre la delegación encabezada por Bugallo y los mandamases de la dictadura cubana es simplemente nauseabundo. Y la proyección exterior, nula. Cuba está fuera de todo tipo de circuitos internacionales: económicos, culturales, etc.
Insisto, hay formas mucho más provechosas de emplear esos 1,3 millones de euros, que al fin y al cabo es un pastón que se han ventilado en unos días.
Aunque está claro el fin de esta feria: asegurarse artículos favorables de aquí a las autonómicas del próximo año de los estómagos agradecidos y subvencionados a los que les han comprado esos 400.000 libros que pagamos entre todos. ¿Sus nombres? Los sabéis todos: Suso de Toro, Manuel Rivas y demás "creadores"...¡ja!
Así es Cuba y con esos miserables que la dirigen es con los que se ha abrazado, sonreido y carcajeado la consejera Bugallo...¡Menudo ejemplo de democracia!
http://www.lavozdegalicia.es/l...
Hace ocho meses que Susel Bofill García, de 23 años, abandonó su Manzanillo natal, en Cuba, soñando con acabar la carrera de Medicina en Galicia, la patria de origen de su bisabuelo. Desde entonces vive en Lugo con su abuela materna, Mari Carmen Guerra, que con 60 años cumplidos no dudó en aprovechar la nacionalidad española heredada de su padre, emigrar a la ciudad amurallada y trabajar -cuida a una señora mayor- para abrirle a su nieta el horizonte de oportunidades que todavía le niega la isla caribeña. Un país donde un médico cobra entre 600 y 700 pesos al mes, cuando el kilo de carne ronda los 20 pesos.
Más duro es si cabe la falta de libertad. No en vano, de completar en Cuba los tres cursos que le restan, Susel ya nunca podría salir de la isla. El régimen castrista se lo impediría, igual que le deniega por ahora los dos certificados legales que le faltan para convalidar en una universidad española las asignaturas y las excelentes calificaciones obtenidas en la Universidad Celia Sánchez Manduley. «La mejor de Cuba, mejor incluso que la de La Habana [...] Se esfuerzan y exigen muchísimo a los estudiantes para que aprendas y seas buen médico», resalta con verdadera vocación la joven cubana, que añade: «A veces allá faltan recursos materiales, pero se tratan de suplir con el buen trato».
El Ministerio de Salud Pública cubano es el encargado de expedir las dos firmas que necesita Susel. Cuestan alrededor de 1.200 euros y para lograrlos ella y su abuela llevan todo este tiempo ahorrando en Lugo. Es duro. «Entre pagar piso, comida y vestirse, porque aquí hace más frío, apenas da porque no podemos trabajar en cuatro o cinco trabajos a la vez», relató Susel.
Descartada la hostelería, la joven busca trabajo como comercial -en Cuba es técnico superior en Contabilidad y Finanzas- mientras espera que se resuelva la situación. Pero el tiempo pasa y la alegría empieza a esfumarse, al ver cómo su esfuerzo, pero sobre todo el sacrificio de su abuela, podrían caer en saco roto si cuando consiga los papeles no obtiene plaza.