Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito palestino-israelí

Segue o castigo israelí: 32 palestinos mortos en 48 horas

Entre os asasinados hai oito nenos. Catro foron bombardeados mentres xogaban ao fútbol.

Redacción - 10:30 29/02/2008
Israel matou máis de 200 palestinos dende novembro

Israel matou máis de 200 palestinos dende novembro

O Exército de Israel está a reprimir con forza aos palestinos, logo da morte dun civil israelí esta cuarta feira, alcanzado por un proxectil lanzado dende Gaza. Nas últimas 48 horas as Forzas Armadas mataron 32 palestinos, entre os que hai 8 nenos.

O lanzamento de mísiles polos avións de Israel foron continuos e fixeron branco en varios obxectivos, dende unha zona ao carón da residencia do líder de Hamas, Ismail Haniye, até unha furgoneta de venta de refrescos, onde morreron dúas persoas.

Xogando ao fútbol
O ataque máis indiscriminado produciuse na tarde da quinta feira. Un mísil alcanzou a un grupo de nenos que xogaban ao fútbol e matou catro, todos menores de 15 anos.

Tamén catro palestinos morreron durante a madrugada da quinta feira ao venres nos ataques que realizou a Forza Aérea israelí á franxa de Gaza por segunda noite consecutiva.

Outros dous palestinos perderon a vida na última ofensiva aérea na localidade de Ian Yunes, ao sur da Cidade de Gaza a noite pasada, segundo relataron testemuñas e fontes médicas locais.

Os avións israelís tamén alcanzaron esta noite unha vivenda situada ao leste do campo de refuxiados de Iabalia, no norte da franxa, suceso en que resultaron feridas dez persoas. A vivenda pertence a un militante do movemento islámico Hamas, indicaron veciños da poboación.

Fontes da policía do movemento islámico dixeron que cazabombarderos F-16 dispararon tres mísiles contra un edificio pertencente a Hamas no norte da franxa de Gaza, ataque en que resultaron feridos varios civís.

Sen temor á reacción internacional
O conflito de Gaza pon en evidencia o enorme desequilibrio de forzas entre os dous bandos: Israel, no que vai de ano matou a 150 palestinos, dos que 44 eran civís e 12 deles nenos.

Non semella que Israel deba temer a reacción internacional. As principais potencias amosáronse preocupados pola situación; porén, namentres lle pediron ao goberno israelí máis contención á hora de usar o seu "dereito á defensa", esixironlles aos palestinos o cesamento dos lanzamentos de proxectís.


5/5 (4 votos)

Comentarios (10)

Sabrexo #1 29/Febreiro/2008 Sabrexo

Civís, e oito nenos MÁIS asasinados por Israel perante a pasividade da "comunidade internacional". Onde están os desa escura asociación pro-goberno israelí que aparece ultimamente en períodos electorais?

Xistral #2 29/Febreiro/2008 Xistral

Iso...., onde están eses que dimitiron, os integrantes desa vergoña? Que pasa, os palestinos teñen menos dereitos que os israelís? A súa vida vale menos que a dos xudeus ou a dos kosovares...? Os 32 palestinos mortos eran todos terroristas? Os asasinos dos 4 nenos non poden ter perdón nin de Deus nin dos homes. Non poden ter perdón nin do poder divino nin do poder terrenal. E os que os apoian son igual que eles. E algo que de berían aprender todas as grandes potencias, civilizacións..., as cousas non son como empezan senón como acaban. E deben ter por seguro que para todos, sen excepción, sempre acaban. Que llo pregunten ao Imperio Romano, ou ao Imperio Inglés.

luimipi #3 29/Febreiro/2008 luimipi

están a facer un xenocidio diante dos ollos de todo o mundo, que non fai nada!!. Se fora ó reves, xa habería tempo que Palestina estaría invadida por EEUU...pero como é Israel...non pasa nada...pfffff q mundo este...

ulo #4 29/Febreiro/2008 ulo

Bush, Aznar, Zapatero, Rajoy, Sarkozy, Merkel, Prodi, Brown, e todos os "democratas", sodes complices de xenocidio e do holocausto palestino.
Onde estan os da Amizade Galiza Israel, que pula pola "paz": esta é a súa paz, a dos cimenterios, e pretenden que Gaza sexa unha grande fosa comun, cun preto de dous millons de cadaveres.
Como decía o poeta: "no limpiaron sus manos toda la lluvia del sur", porque a teñen manchada coa sangue dos bebes, os nenos que xogaban o futbol (perigrosos terroristas), as mulleres e os homes palestinos que estan sufrindo nas súas carnes a hipocresia de Occidentes.
HIPOCRITAS

ulo #5 29/Febreiro/2008 ulo

Assassins de raons, de vides,
que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies
i que en la mort us persegueixin les nostres memòries.

Entedese perfectamente a letra de Lluis Llach en Campanades a Morts polos asesenatos de 5 obreiros en Vitoria/Gasteiz, e que traxicamente veñen a conto agora mesmo.

Pero remata cuns versos de esperanza

La misèria esdevingué poeta
i escrigué en els camps
en forma de trinxeres,
i els homes anaren cap a elles.
Cadascú fou un mot
del victoriós poema.

Gaviotero #6 29/Febreiro/2008 Gaviotero

Siempre que hay bombardeos israelíes con muertos palestinos, da la casualidad que hay niños jugando en el campo de al lado de los terroristas...

Sin embargo, cuando se mete un terrorista palestino con una bomba en un autobús israelí, entonces nunca hay niños.

Demasiadas casualidades para ser verdad...

BonKarallan #7 29/Febreiro/2008 BonKarallan

Segue o bombardeo da banderita en Vieiros. Máis de 30 comentarios en 24 horas.

Cando se mete un palestino nun autobús, polo menos mórrese o palestino. É unha "pequena" diferenza, que indica o grao de desesperación duns e doutros.

#6 e dos que tampouco cré que houbo un holocausto.

ecoe #8 29/Febreiro/2008 ecoe

Négome a expór os tanteos de víctimas de palestinianos e de U$$raelianos: é absurda e pornográfica calquera comparación!

ulo #9 2/Marzo/2008 ulo

Gaviotero como os do PP e a Asociacion sionista de Amizade Galiza Israel son dos que non cren que houbo un holocausto xudeo e que non hai un holocausto palestiniano ou iraquiano (máis dun millon de mortos civis dende a ocupacion ianqui).
Son como os nazis, franquistas e fraguista (prologou un libro negacionista do holocausto xudeo), negacionistas dos holocaustos, porque son os seus xefes os que os provocan.
E insisto

Assassins de raons, de vides,
que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies
i que en la mort us persegueixin les nostres memòries.

ecoe #10 2/Marzo/2008 ecoe

que en la mort us persegueixin les nostres memòries.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: