Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÓNICA DENDE BELÉN

Berros e pedras contra o masacre de Gaza

O profesor Moncho Iglesias cóntanos dende Cisxordania como se está a vivir alí a maior ofensiva militar israelí dos últimos anos.

Moncho Iglesias - 18:15 02/03/2008
Tags: Gaza masacre

A sanguinolenta xornada do sábado en Gaza deu paso a unha mañá de domingo chea de manifestacións en toda Cisxordania. En todas elas se protestaba en contra da masacre en Gaza, que continúa, e que esta mañá provocaba a destrución do edificio de Ismael Hanieh, primeiro ministro de Hamás.

“Israel traspasou o límite”, declararon membros do grupo islámico, que prometen vingar a morte dos preto de cen palestinos mortos dende o comezo da “Operación inverno quente”. Amais, o presidente Mahmoud Abbas decidiu conxelar as negociacións de paz con Israel durante varios días, e declarar este domingo unha xornada del oito en todos os territorios. Con todo, tanto Abbas como o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, pensan continuar cos acordos de paz de Anápolis, que cren poderá proseguir nuns días, en canto acougue a situación.

Malia as palabras tranquilizadoras dos dirixentes, a poboación civil tomou as rúas de todas as cidades palestinas de Cisxordania e lanzou berros e pedras contra os ataques israelís. En Hebrón, no sur, un neno de 13 anos morría esta mañá durante o intercambio de balas e pedras, mentres máis de 45 eran levados aos hospitais da zona, feridos ou intoxicados pola inhalación de gases.

En Xerusalén Este, varios manifestantes lanzaron pedras e cócteles molotov contra soldados do exército israelí, e en Ramallah, milleiros de escolares camiñaron cara a casa de Abbas, queimando rodas de coche e tirando pedras polo camiño, berrando que Gaza non se vende.

No centro de Belén, unha manifestación pacífica, que reunía a máis de dúas mil persoas, acabou dividida en dous flancos ao achegarse ao punto fronteirizo con Xerusalén. Alí, a policía palestina disuadiu aos participantes de continuar a marcha cara á entrada, pero moitos dos convocados, cargados con pedras, guindaron a súa ira contra o muro de separación. A resposta a esas pedras, a maioría lanzadas por nenos do campo de refuxiados de A’ida, a carón do muro, foi o lanzamento de gases lacrimóxenos e disparos que feriron a catro rapaces.

Mentres, a violencia continúa en Gaza. As cifras son dez mortos no Norte de Gaza e máis de 25 foguetes lanzados contra as cidades israelís de Sderot e Axkelón, que feriron a catro persoas. Ataques que, segundo Olmert, non pararán ao estado de Israel na súa intención de defenderse: “Se alguén cre que lanzando máis foguetes conseguirán reducir os ataques contra os grupos terroristas, está cometendo un grave erro”.

Israel confirmou que está preparada para a incursión terrestre en Gaza nos próximos días. As críticas dentro da poboación hebrea apuntan que esa posible operación incrementará o impacto negativo para a súa poboación. Os habitantes de Gaza confirmaron o seu apoio a Hamás e ás súas actividades, e incluso membros de Fatah declararon que “toda Gaza é Hamás e que loitarán contra Israel. “Se o exército se interna na Franxa, debe saber que lle esperan tiros dende todas as casas, incluso se hai xente dentro”. Amais, apuntaron que buscan vinganza, ben co lanzamento de foguetes ou por medio de atentados suicidas dende Cisxordania. Unha postura que volve facer pensar no comezo dunha Terceira Intifada.

*Unha crónica para Vieiros de Moncho Iglesias


5/5 (13 votos)


Comentarios (7)

ecoe #1 2/Marzo/2008 ecoe

U$$ra€l, a rexurdida NAZILANDIA, agotou todo tipo de palabras para describir o quebranto ético, político e social do Mundo.

Mais os SOCIOS PROTECTORES occidentais, nomeadamente os U$A, U€, xunto co €$tado €$pañol -único ponto onde a nosa presión na rúa poidera ser eficaz- son os palafreneiros da ignonimia xeral.

Qué cousa ASQUEROSA!

Albert #2 2/Marzo/2008 Albert

Masacre é masculino: o masacre.

A nosa pasividade, e a dos estados de todo o mundo é alarmante, estase a dar unha situación de vergoña allea colectiva. Eu proporía unha manifestación, unha gran manifestación, en todas as cidades galegas (e a ser posible extensible a España e a UE). Todos á rúa para que a xente saiba que non pasamos do holocausto palestino. Temos que dar unha resposta honrada e valerosa. De se convocar, a miña participación é segura.

maleiro #3 2/Marzo/2008 maleiro

Vergoñento!
Qué lle credibilidade lle pode quedar a Israel despois do que levan feito????
Iste mundo non tén arranxo.
Palestina é dos palestinos. Non dos israele$ nin dos americano$.
Chegara o día que se faga xustiza.

pampeiro #4 2/Marzo/2008 pampeiro

Hamas=Estado de Israel,dous terroristas tal para cual.Viva o pobo palestino e viva o pobo xudeu !!!

xoselado #5 3/Marzo/2008 xoselado

Contra as embaixadas israelitas no mundo "civilizado"deberían lanzarse...Pero eiquí ninguén move un dedo.

ecoe #6 3/Marzo/2008 ecoe

polo menos emporcalas de esterco de PORCO!

mceleiro #7 4/Marzo/2008 mceleiro

Que ZP mova os soldadinhos que tem no Líbano...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: