Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

Xa sabemos dos xogadores da Selección "Galicia Xove"

O combinado galego hase estrear na Vilagarcía Basket Cup, xogando contra o Zalguiris, Mega Aqua Monta e o Khimky Moscow. O torneo comeza o vindeiro 19 de marzo.

Redacción - 19:35 05/03/2008

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) presentou esta cuarta feira a listaxe definitiva dos xogadores que integrarán a Selección "Galicia Xove", combinado sub-20 que participará na Vilagarcía Basket Cup.

A lista definitiva de xogadores galegos que han integrar esta selección, segundo a FEGABA, reúne "xuventude, ilusión e ganas de amosar o bo nivel do baloncesto galego".

Os seleccionados son Alberto Seco Leira (CB Galicia), Enrique Fernández Martínez (ABO), Manuel Fernández González (Basquet Base Club), Fernando Vidal Fernández (Club Basquet Valls), Julio Suárez Da Silva (CB San Rosendo Ferrol), Diego Gómez González (CB PeixeFresco), Alejandro Castells Castaño (Club Joventut Badalona), Pablo González Covelo (CB PeixeFresco) , Pablo Martínez Galdo (CB PeixeFresco), Adrián Rodríguez Ramos (CB Sarria), Antonio Pantín Peleteiro (Real Madrid C D) e Agostiño Reigosa Lombao (CB Cidade de Lugo).

Os veteranos galegos, contra España
No acto de presentación estaban presentes o presidente da Federación, Francisco Martín Micó, o director técnico da Federación Galega de Baloncesto, Aniceto Fernández, e o recentemente nomeado adestrador da Selección "Galicia Xove", Roberto Bouza.

Foi o presidente da federación, Francisco Martín, quen lembrou que na Vilagarcía Básket Cup tamén se vai poder gozar da Selección Galega de Veteranos, que xogará contra a Selección Española de Veteranos o día 19.
Martín anunciou a presenza de Fernando Romay, entre outros nomes ilustres do noso baloncesto, como integrante do combinado de veteranos galegos, mais a listaxe completa de xogadores hase coñecer nos próximos días.


Documentos

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: