O consello de administración do clube vigués toma a decisión de prescindir do técnico logo da derrota diante do Xerez.
López Caro abandona o banco técnico do Celta logo de cinco meses no mesmo.
O substituto de Stoichkov dirixiu o clube durante as últimas vinte xornadas. Porén, os malos resultados e a última derrota esta fin de semana diante do Xerez, que afasta aínda máis ao equipo dos postos de ascenso, acabaron coa paciencia da directiva do clube.
O seu número dous no corpo técnico, Antonio López, faise cargo do equipo.
a mín non me gustaba moito lópez caro e recoñezome fan de toda a vida do búlgaro; si vexo balompé na tv ou na grada e de vez en cando lle arreo a un balón ou corro unha banda é por influencia de stoichkov: futbolista potente, entregado e excasamente convencional no medio de toda esa maraña de edulcorados millonarios que falan horas e horas sen decir máis que obviedades de cursi ou, llanamente, de patán aupado o florido do prime time, fíxome topar unha forma de ver xa non o deporte, que sempre é un coñazo esto da competición para quen non gaña billetes co asunto, se non o xogo como feito lúdico polo que merece a pena esforzarse.
quizás o lebrijano perteneza a outro mundo, non en vano botou tanto tempo como empregado do real madrid, auténtica cova da serpe enfrentada sempre con canto poda significar diversión ou liberación. é o exemplo máis claro de profesionalización dunha actividade chamada a expandir a personalidade e soio ten criado monstruos baixo o seu manto.
pero a situación do equipo celeste non é culpa de este pío e casto home. sen seguir moito a andaina do clube este ano ( nen outros, desde que o sr horacio planificaba a reestructuración de balaídos en nome dun celta europeo como estandarte dunha cidade que el, na súa menguada estatura, conviña pacata e provinciana ) creo que se pode afirmar que a plantilla á que o actual presidente e o seu grupo de adeptos, filla incluída, ten encomendado o ascenso non ten a identidade nin o empaque para esta tarefa.
un pode, pois, pedirlle peras o olmo e deixarse levar pola propaganda, pero o celta de vigo non é un equipo de primeira división. e o peor é que tampouco divirte ou ensina nada a quen ve a estes tristes once homes de corto no medio do prado.
non está mal na segunda, que xa non é casa de pobre, donde poderá topar en pouco tempo o deportivo da coruña logo do sono do aporcinado lendoiro, que marchará cas bolsas tan cheas como lle gustaría marchar o máximo mandatario celeste e a su nena de rajoy.
O problema do Celta non é de entrenador mais si de dirixentes. Do presidente, do seu equipo no consello de administración. Desde que chegou o Mouriño, pai do vicepresidente do goberno de dereitas mexicano (¿por que os presidentes dos equipos galegos son sempre tan de dereitas e nada galeguistas?), o Celta foi afundíndose cada vez máis, pasando de estar xogando competición europea a baixar a segunda división e vexetar dentro desta categoría. A débeda de súpeto sae á luz que é enorme, cando ata ese momento se falaba de que a economía do clube estaba "saneada". ¿Como pode entenderse iso?
Por tanto, tiñan que irse todos estes que dirixen o clube. O problema é que son os que teñen as accións, e isto agora é unha sociedade anónima. Os clubes galegos, especialmente Celta e Deportivo, teñen a carcterística de despreciaren a canteira e ir buscar xogadores de canto máis lonxe mellor. Algún será o motivo, mais dende logo non é o ben do clube. Fixémonos nos equipos vascos, sobre todo o Athletic de Bilbao. Eu non digo que exclusivamente os equipos galegos deban basearse na canteira, pero o que é certo é que o Bilbao baseándose só na canteira nunca xamais deixou de estar en primeira e ademais foi campión varias veces. Iso demostra que non é necesario para nada endebedarse fichando xogadores exóticos nin de fóra do país para ter un bo equipo. Xusto o contrario do que fan o Celta e mais o Depor.
O Celta está onde os seus dirixentes e a sua afición se merecen.
Aínda se lembran on delirios de grandeza; a ilusión polos Victor Fernández, Radomir Antic ou Stoichcov...
Mentres a Fernando Vázquez había que botalo (o 70% dos aficionados estaban en guerra) porque non poñía a tácticas que lles gustaban aos señores, porque non xogaban quen eles querían e polo autoodio. Porque Vázquez é galego, e se recordamos "ao Celta a Primeira o sube calquera. Vázquez non ten mérito" e un ano despois "co equipo que temos era doado entrar en UEFA, Vázquez non ten mérito ningún".
Pois iso, cuspir ao ceo é o que ten.
Para min, cando directiva e afición teñan a sua cura de humildade e comenzen a comportarse como galegos, só daquela, que o Celta suba.
Mentres, iso é o que querían, iso é o que teñen.
O Celta desde que chegou Carlos Mouriño hai pouco máis de un ano botou xa tres entrenadores (Vázquez, Stoichkov e López Caro). Agora van polo cuarto entrenador, e a marcha do equipo foi de caída en picado. Se a xente non o ve é que non quere ver o que é evidente. Mais xa antes deste presidente a política do Celta foi mala, aínda con éxitos deportivos pasaxeiros. Temos unha excelente canteira e non a usamos. A canteira galega de futbolistas é boa, non inferior á vasca, e sen embargo xa vemos o que fan os vascos coa canteira e o que facemos nós. Iso vai curiosamente parello á conciencia política e nacional de ambos pobos, aínda que en Galicia se observan avances que aínda non se reflicten nos equipos de fútbol do país.
Eu penso que o celta ten 3 problemas:
-Un a nivel institucional,cuns directivos ineptos que (penso eu) se están forrando a conta do clube (Esto igualinho 100% que o Depor)
-A afeccion,no momento que máis o precisa deixa o equipo de lado,so os celtarras se mantenhen fieis,e non son moitos por desgraza. Isto no Depor sucede xusto ao contrario,quen non o vexa é cego. Ademais eles simplemente se conforman con que o vecinho de arriba lle vaia mal,en canto as cousas van ben pola Corunha por Vigo ponhense máis nerviosos...país