Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTRAGARANSE O 26 DE ABRIL

Os premios da AELG xa teñen finalistas

Os galardóns recoñecen á mellor obra publicada en 2007 en cada xénero: Tradución, Teatro, Narrativa, Ensaio, Poesía, Literatura infantil e xuvenil e Literatura xornalística.

Redacción - 13:48 12/03/2008

Os premios, que serán decididos entre os propios socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entregaranse o 26 de abril na Cea das Letras. Na cea estará presente a escritora cubana Nancy Morejón, elixida Escritora Galega Universal do ano pola AELG, que pasará todo o mes de abril en Galiza. Tamén se recoñecerá o labor da Mostra de Teatro de Ribadavia, que recibirá o galardón dedicado ás institucións culturais.

Esta é a lista completa de finalistas:
Literatura Infantil e Xuvenil: An Alfaya (Illa soidade), Marcos S. Caldeiro (Rinocerontes e quimeras), Paula Carballeira (Boas noites), Fina Casalderrey (A lagoa das nenas mudas), Xesús Constela (Libro das alquimias), Calos López Gómez (Minimaladas), Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor) e Xavier Queipo (Saladina)

Poesía: Xiana Arias Rego (Ortigas), Marica Campo (Sextinario: trinta e seis + tres), Leo F. Campos (Hai cu: pintadas no báter), Miguel A. Fernán-Vello (Diccionario do estremecemento), Francisco X. Fernández Naval (Miño), Paulino Pereiro (Morte do mar) e María Xosé Queizán (Cólera)

Teatro: Afonso Becerra (Crio-Xénese), Manuel Núñez Singala (Comedia bífida) e Millán Picouto (Ciclo de Marte)

Ensaio: Justo G. Beramendi (De provincia a nación: historia do galeguismo político), Xurxo Borrazás (Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida) e Carlos P. Martínez Pereiro (Querer crer entrever. Expresións críticas de reflexión e lectura)

Tradución: Carmen e Mª Dolores Torres París (Fuxir, de Jean-Philippe Toussaint), Eva Almazán (O castelo branco, de Orhan Pamuk), Yolanda Vilarchao (Poemas canónicos, de Konstantinos Kavafis) e Tomás González Ahola (O muiñeiro ouveador, de Arto Paasilinna)

Narrativa: Francisco Castro Veloso (As palabras da néboa), Xavier López López (Trinta e dous dentes), Miguel Anxo Murado (O soño da febre), Luís Rei Núñez (O señor Lugrís e a negra sombra), Antón Riveiro Coello (Os ollos de K), Séchu Sende (Made in Galiza) e Anxos Sumai (Así nacen as baleas)

Literatura Xornalística: Rosa Aneiros, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Bieito Iglesias, Gustavo Luca de Tena, Manuel X. Neira, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas


4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: