Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN MOSCOVA

Putin non ocupará o lugar de Marx

Unha comisión da Duma rexeitou a proposta de erixir un grandioso monumento en honor de Putin que subtituiría á estatua de Marx na Praza do Teatro.

Redacción - 11:00 15/03/2008

"Deixemos a cuestión para as xeracións vindeiras", sentenciou o presidente da comisión, Lev Lavrenov: "nos países civilizados a importancia das figuras públicas e políticas determínase 50 anos despois de que deixen o seu posto". Semen Perfilyev propuxera construír un inmenso monumento en honor de Vladimir Putin para ofrecerllo como homenaxe no seu 55 cumpreanos, e como agasallo do país "polos seus logros". Propoñíase ademais erixilo na Praza do Teatro (no lugar hai tres grandes teatros, entre eles o Bolshoi), no lugar que agora ocupa unha estatua de Carlos Marx, debido a que, en palabras de Perfilyev, "Marx non era ruso".

Perfilyev presentou varios proxectos, entre eles unha gran escultura en bronce de Putin que repousaría sobre un arco de mármore e unha esfera de prata. A esfera, de 25 metros de ancho, representaría o hemisferio norte, e nela detallaríse o perfil de Rusia e outros países. Na estatua de Putin, o dirixente ruso aparecería vestido cun amplo impermeábel e un rolo de pergamiño na súa man: "o Plano Putin", segundo a proposta.


5/5 (5 votos)


Comentarios (4)

Barcelos #1 16/Marzo/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É de presuntuosos erixirse estatuas en vida ou rúas como fixo Paco Vázquez.

Xeonllo #2 16/Marzo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Miúdo individuo o Putín ese.
E miúdos cidadáns os rusos que elixen a individuos como ese e, por exemplo, o novo presidente que acaban de elixir, da liña do putón de Putín, o cabeza dos responsables do actual e mafiso réxime, dos que envelenan con polonio e dos que cometen atrocidades en Chechenia, sen respetaren os dereitos dos pobos.

Xeonllo #3 16/Marzo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

quixen dicir, por suposto, "mafioso" réxime.

pampeiro #4 17/Marzo/2008 pampeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A estatua do Putín este sería o monumento ó xenocida de Chechenia e da oposición política rusa ós seus intereses.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: