Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'THE PASSION'

Grupos relixiosos teiman na protesta por unha serie da BBC sobre Cristo

O documental presenta a crucifixión cunha postura distinta da tradicionalmente representada.

Redacción - 11:00 20/03/2008




Un documental sobre os últimos días de Xesús Cristo, estreado oportunamente pola BBC, xa espertou as críticas dos sectores relixiosos máis conservadores. A serie The Passion, de catro episodios, ofrece a imaxe de Cristo crucificado dun xeito distinto ao tradicional: cos brazos, e non as mans, cravados na cruz e as pernas dobradas.

Algúns teólogos acusaron a televisión pública británica de "reinventar" a Biblia e de "enganar deliberadamente" o público, pero os responsábeis do programa defenden o traballo de investigación en que se basearon. Tomaron como referencia o único esqueleto descuberto dunha persoa crucificada, atopado en Xerusalén en 1968, e que presentaba a mesma posición ofrecida na serie.

A serie está protagonizada por actores populares nas Illas Británicas. Así, o personaxe de Xesús está intepretado por Joseph Mawle, coñecido por ter protagonizado a campaña publicitaria da cervexa Guinness, ou Paul Nicholls, ex-protagonista do eterno folletín Eastenders e que fai de Xudas Iscariote.

Foros de tipo relixioso como Christian Voice criticaron a emisión do espazo, que consideran un intento da corporación pública de conseguir audiencia "distorsionando a realidade". Pero non todas as voces están en contra: o bispo católico da diocese de Arundel e Brighton, Kieran Conry, valorou satisfactoriamente a emisión pola súa "vertente máis auténtica e humana" e por abordar a relixión no horario de máxima audiencia.


5/5 (3 votos)


Comentarios (5)

BonKarallan #1 20/Marzo/2008 BonKarallan

Mira quen vai falar de reinventar a Biblia: A igrexa católica que inventou os dogmas, os pecados capitais, a Virxe María e que Xesucristo era fillo único.

A igrexa católica seméllase máis aos sacerdotes judíos do sanedrín que a os discípulos de Xesucristo. É máis, se hoxe volvese Xesucristo, non o identificarían e o condenarían á morte ou o ex-comulgarían.

Para que logo falemos dos fanáticos relixiosos musulmáns que non admiten bromas con Mahoma...

COUTOVEN #2 20/Marzo/2008 COUTOVEN

A Intolerancia de calquera tipo. Adoita facer máis caso ás formas que ao fondo das cousas. E iso é moi grave. Se en occidente criticamos a fanática intolerancia dalgúns islamitas. Levándoa ao momento de ameazar de morte a alguén por facer unha caricatura de Mahoma ou escribir algúns versos pouco agraciados. Que triste é ver que algúns católicos, igrexas, etc. estean facendo certas prácticas que poden ser moi ben o inicio dunha tolerancia xa superada. Ou polo menos iso criamos.

Que é o importante para a relixión católica? A forma como crucificaron Cristo? Ou o simple feito de morrer na cruz en para expiar os pecados do pobo.

Sería moi bo que a santa sede reconsiderase o haberlle quitado o emprego á mula e o boi nos nacementos. por non aparecer nos textos "oficiais" senón nos apocrifos. Outro simple exemplo de dar primacía á forma sobre o fondo das cousas.

A2b2 #3 21/Marzo/2008 A2b2

Unha cousa está clara, se o curcificaran clavándolle as mans, non duraría un minuto na cruz.
E se o crucificaron, foi por revolucionario!. ¡Viva a Revolución!

Barcelos #4 21/Marzo/2008 Barcelos

O feito de como foi crucificado non creo que teña a menor importancia.

O que pasa é que se se descubrise que foi así a cantidade de crucifixos e cadros que terían que tirar... e xogar co diñeiro iso si que é un gran sacrilexio.

E que pasa co que dixo que Xesucristo naceu no ano 1? cando está demostrado que Herodes morreu no -4 a.C. polo que el tivo que nacer`polo menos dous o tres anos antes. Pois por culpa dese torpe fodeunos o calendario a case todo o planeta.

Non será aos teólogos aos que lles preocupen estes detalles, será a Rouco e a Santa Compaña do Vaticano. Que cuadrilla de hipócritas.

Sara_Mago #5 23/Marzo/2008 Sara_Mago

Jesus Cristo nom existiu nem foi crucificado:

http://zeitgeistmovie.com/

é tudo uma metafora, umha personificaçom de fenomenos astronomicos. toda a religiom judeu-crista é um plagio da religiom do antigo egipto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: