Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un adeus pouco despois da última homenaxe

Hei Balan, pregúntalles por aló "quen comeu as peras do cemiterio"

A despedida do home orquestra, improvisador e soñador de Marín: John Balan deixounos esta semana. (Ver vídeo no interior)

Redacción - 12:00 20/03/2008
Tags: John Balan

"Alegroulle a vida durante moito tempo a moita xente", comentaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, hai apenas un ano e durante o último recoñecemento público a John Balan. É unha definición que resume ben a traxectoria artística de quen era capaz de acender os sorrisos do público con pouco máis recurso que a imaxinación, decorada coa súa pose tradicional de vaqueiro americano con retranca galega. John Balan morreu esta semana, na altura dos 73 anos, na residencia da terceira idade de Marín onde vivía.

Nado como Manuel Outeda e rebautizado John Balan, o home orquestra da parroquia marinense do Seixo recibía daquela outra homenaxe á súa vida de espontaneidade lúdica e invención de historias. "Traballei gratis moitas veces", dicía Balan, quen non escatimaba espectáculo alí onde houbera alguén con gañas de pasalo ben e conceder o aplauso. No vídeo a pé destas liñas un exemplo, extracto do filme "Love in the Sky", creado e interpretado dun minuto para outro a 11 mil metros de altura para gozo e festa dos pasaxeiros que compartían viaxe aérea con el. Para a historia quedan "A morte é inoxidábel", "Calzoncillos de manga longa" ou un dos seus máis coñecidos cinema-contos: "Quen roubou as peras do cemiterio?".


5/5 (10 votos)


Comentarios (8)

larpeiran #1 20/Marzo/2008 larpeiran
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai algo de John Balan que é curioso: na TVE rianse del, na TVG riamos con el....

condedecotobade #2 20/Marzo/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non me sorprendE nada o que dis...

Xeonllo #3 20/Marzo/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si señor, o John Balan sempre me gustaba velo, aínda que tiven moito poucas oportunidades de velo. A penas na TVG e nalgunha reportaxe na prensa.

ecoe #4 20/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No programa do Reixa, con Vladimir foron xeniais!

pelacho #5 21/Marzo/2008 pelacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

seica dicía: "traballa o que non vale para outra cousa".
Xenial o balan

A2b2 #6 21/Marzo/2008 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Viva John Balan!

Lead_bocas #7 21/Marzo/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gora!

lostrego #8 24/Marzo/2008 lostrego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Probe home! realmente non levou unha boa vida. Finou nun asilo da beneficencia. Viva John Balan!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: