Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Tíbet

O presidente do parlamento europeo ameaza con boicotear as Olimpíadas

"Queremos se organicen con éxito, mais non se o prezo é o xenocidio cultural dos tibetanos do que fala o Dalai Lama", dixo Hans Gert Pöttering.

Axencias - 18:08 22/03/2008
A Eurocámara tratará a situación no Tíbet esta cuarta feira

A Eurocámara tratará a situación no Tíbet esta cuarta feira

O presidente do parlamento europeo, Hans Gert Pöttering, ameazou este sábado a China co boicot aos Xogos Olímpicos de Beixín en resposta á represión das protestas da poboación tibetana. Ademais, exixiulle ao goberno chinés que negociase co Dalai Lama, líder espiritual do Tíbet.

"Non podemos descartar un boicot ás Olimpíadas. Queremos que os Xogos se organicen con éxito, mais non se o prezo para iso é o xenocidio cultural dos tibetanos do que fala o Dalai Lama", dixo Pöttering, membro da Unión Cristianodemócrata (CDU) que preside a chanceleresa alemá Angela Merkel.

En declaracións ao Bild am Sonntag -que sairán publicadas este domingo- o presidente da Eurocámara anunciou que esta cuarta feira o parlamento abordará a situación no Tíbet e que aconsellará "os países da UE" que se pronuncien cunha soa voz pola defensa dos dereitos humanos".

As declaracións de Pöttering prodúcense logo de que Alemaña normalizase as súas relacións con China tras as tensións xurdidas con motivo da reunión que mantiveron o ano pasado Merkel e o Dalai Lama.


5/5 (6 votos)

Comentarios (18)

ecoe #1 22/Marzo/2008 ecoe

Manda o presidente do parlamento €uropeu -que NON MANDA NADA EN €u
- nos xogos olímpicos e nos países membros??

Por certo, redacción: cándo van vostedes informar sobre as numerosas e novas acusacións contra o NarcoGoberno colombiano?

Atlantico #2 22/Marzo/2008 Atlantico

A ver cando boicotean a EEUU por matar mil veces máis en Irak.
Como se non coñecesemos a mafia da U.E.

Sabrexo #3 22/Marzo/2008 Sabrexo

Canta hipocresía...

BonKarallan #4 22/Marzo/2008 BonKarallan

Aquí hai que tocarse o carallo.

Non é que non haxa razóns suficientes para boicotear os XX.OO. de China. Mellor aínda, para boicotear a China.

En realidade hai razóns suficientes para boicotear á maior parte dos países do mundo. Empezando polos poderosos: EE.UU, Rusia, China, Canadá, Francia, Gran Bretaña... (España non, que non é poderoso. Fódete Gaviotero)

Pero onde estaba o presidente europeo cando USA invadiu Iraq en contra dos votos da ONU? Vaille a boicotear este señor algo a Bush?

Hipócritas, hipócritas e hipo...potamo con gafas (O señor "Hanster")

mceleiro #5 22/Marzo/2008 mceleiro

Podia também boicotear a Turquia pelo genocídio ao povo curdo, muito de actualidade nestes dias com uma nova massacre na celebração do Nuroz.

Ademais em Turquia igual pode meter mais os fozinhos, que é estado associado à UE, e que perde o cu por ser membro.

Quanta hipocresia!

Infidel #6 23/Marzo/2008 Infidel

Non entendo nada, ainda queda alguén que se opoña a boicotear os xogos?

C29 #7 23/Marzo/2008 C29

BonKa, 100% de acordo contigo. E Chechenia????? Ali os rusos estam a fazer das suas e tododios a olhar para outro lado. Infidel, é que por essa regra havía que boicotar a todo o mundo.

mceleiro #8 23/Marzo/2008 mceleiro

#6 Eu sou partidário de boicoteá-los todos, Pequim 2008, Londres 2012, e Madrid 20??. Ao caralho o circo neoliberal!

Do que aquí se está a falar é dos hipócritas oportunistas e o seu duplo raseiro. Do que "mobiliza" aos sacros demócratas e do que não. Parece ser que os direitos humanos só se vulterão no Tibet.

E de que o presidente da União Euro-peida é um títere do Tio Sam.

petopitopato #9 23/Marzo/2008 petopitopato

Pero... ¿é que os dereitos humans non se están a conculcar no Tibet? ¿Entón? Alucino con alguhas opinions... debe ser porque a China é ¿¿comunista??

ecoe #10 23/Marzo/2008 ecoe

Pois claro qaue se conculcan, e no mundo enteiro (?), mais porqué houbo ata agora XO? Si esa é a razón...??!!

ecoe #11 23/Marzo/2008 ecoe

Fede de los Ríos explícao ca sua retranca "galega"

http://www.gara.net/paperezkoa...

petopitopato #12 23/Marzo/2008 petopitopato

Para o Tibet é a súa grande oportunidade, para que a prepotente potencia ocupante os escoite e si teño que escoller entre a maior gloria do éxito dos xogos X a liberdade dun pobo oprimido e o respeito a sua autodeterminación, non teño dúbidas...

ecoe #13 23/Marzo/2008 ecoe

O Lama é o home da CIA, quén mantén ese siñor e o seu goberno no exilio? Porqué a CIA xa intentou intervir en 1959? Porqué AGORA arremeten por vía doble (Formosa) contra a China?: o réxime que simboliza o Lama foi, é, a OPRESIÓN dos tibetáns.!!

Medidos ca mesma vara: a China presenta informe en Washigton sobre os Dereitos Humanos en Estados Unidos! ha, ha...
http://www.rebelion.org/notici...

BonKarallan #14 23/Marzo/2008 BonKarallan

Este Bush estase volvendo moi relixioso. Apoia aos cristiáns, apoia aos xudeus, apoia aos budistas e axuda aos árabes a inmolarse para que poidan reencarnarse cantas veces queiran.

Pero EE.UU. non creo que vaia boicotear as olimpíadas, agora que China é un país comprador a quen vender toda a merda que nos sobra no occidente.

ecoe #15 23/Marzo/2008 ecoe

Coido que mais ben vendedor ou manufactureiro (polo intre) para occidente.

A ver si vai querer reencarnarse de ramallo ("arBUSHto")

Infidel #16 24/Marzo/2008 Infidel

De que me soará a min isto da CIA? Que pouca orixinalidade.

nelbrandam #17 25/Marzo/2008 nelbrandam

¿sera co parlamento eurpeo está a patrocinar un estado teocratico para o Tibet? Pois vaia un adelanto.

pelacho #18 25/Marzo/2008 pelacho

eu propoño a Rouco para dalai. E debería exiliarse, pero primeiro GZ debería de crear unha relixión de seu, un emeritismo priscilianista ou algo así, con sede no cebreiro, no courel ou algún sitio emblemático. Pena Trevinca!!!
e monxes vestidos con carozos, só con carozos,

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: