Milleiros de persoas concentráronse este sábado en Nova York. Na mesma xornada, centos de activistas foron detidos por protestar fronte a sede da OTAN, em Bruxelas.
Os manifestantes exixiron a retirada inmediata das tropas
Milleiros de persoas manifestaron este sábado en Nova York o seu rexeitamento a ocupación de Iraq por parte do Exército do seu país, Estados Unidos, e exixiron a retirada inmediata das tropas.
Unha cadea humana de varios quilómetros ocupou unha das avenidas do centro de Manhattan. Porén, o obxectivo -non conseguido, segundo informa The New York Times- era dividir en dous a illa baixo a iniciativa River to River: Join Hands for Peace.
A protesta, na súa maioría composta por familias, finalizou cunha marcha fúnebre, portando dous cadaleitos de cartón, un coa bandeira de EUA e o outro con dúas, a estadounidense e a de Iraq.
Centos de detidos en Bruxelas
Por outra banda, tamén este sábado varios centos de mozos protestaron polo mesmo motivo en Bruxelas fronte ao cuartel xeneral da OTAN, baixo o lema NATO Game Over e, segundo informan algúns medios, trataron de acceder ao recinto.
Durante a protesta, dúas semanas antes da cimeira da OTAN en Bucarest, os manifestantes exixiron ademais a retirada das armas nucleares estadounidenses de Europa. Como consecuencia, centos de activistas -entre un cento e medio milleiro, segundo diversas axencias- foron arrestados pola Policía belga.
Onte puiden ver un tema serio: a invasión de Iraq e as declaracións de Josemari, nunha tele pouco seria: Telecinco e nun programa lixo: La noria.
É incrible como esnaquizaron un bo debate cuns impresentables e un inútil presentador. Con dicir que Jimmy Giménez Arnau coas súas bobadas foi o máis atinado, xa está dito todo.
A súa teoría simple non deixa de ter razón: "Se querían botar a Sadam Hussein, cun comando especializado que llo cargase bastaba e non era necesario bombardear o país e matar á poboación civil"
Os detidos de Bruselas son MÁIS DE 450, e por certo en moi malas condicións de maltrato: sin explicacións, advogados e amoreados:
http://www.rebelion.org/notici...
ecoe, respeito a teu enlace, onde din:
"El militante de Izquierda Unida aseguró que también se encuentran detenidos representantes de otros puntos de España como País Vasco, Cataluña o Albacete, además de otros países con base de la OTAN en sus territorios."
Non sei que é peor pór como puntos de España: Pais Vasco e Cataluña, ou mesturar Albacete con estas "Autonosuyas"