Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA COLECCIÓN DE FAKTORÍA K

Poesía para ler, poesía para mirar

En 'Trece lúas' publicaranse obras poéticas con acompañamento gráfico, comezando por dúas escolmas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro.

Redacción - 17:32 25/03/2008

Faktoría K vénnos afacendo nos últimos anos á publicación de obras orixinais e valiosas no seu contido (aí está a súa colección de narrativa, na que viron a luz traducións ao galego de importantes obras da literatura internacional), e tamén na forma. Os seus libros veñen acompañados por un deseño gráfico innovador e atractivo, a cargo de artistas como Marc Taeger.

Agora presenta Trece lúas, unha colección de poesía que se inaugura con dous títulos, dúas escolmas poéticas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro. A orixinalidade reside nas imaxes que acompañan aos poemas, obra de Belén Padrón e Baldo Ramos, e que mesmo aparecen en páxinas despregábeis. Son polo tanto libros para ler e para mirar.

Ambos os dous libros presentaranse este martes na libraría Couceiro de Compostela, nun acto ao que acudirán Helena Villar, presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Ramón Nicolás, especialista na obra de Celso Emilio, e o artista Baldo Ramos.


4.78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: