Centos de gaiteiros reúnense en Lugo para encher de música as rúas da cidade.
Cartel do xantar
Como cada ano dende hai trece, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) celebra o seu Xantar Gaiteiro, que desta volta ten lugar o domingo na cidade de Lugo, co fin de achegar a festa a diferentes puntos da nosa xeografía. Os asistentes degustarán un menú a base de cocido galego e doces caseiros para despois coller os instrumentos e tocar polas rúas da localidade.
A festa nace coa arela de xuntar, nun día de lecer, a toda a xente que gusta da música tradicional, compartir un bo xantar, e pasar unha sobremesa agradable na que como non podía ser doutra maneira, non poden faltar nin a música nin o baile.
Xa pola mañá, os gaiteiros, chegados de diversas partes de Galiza, pasearán polas rúas luguesas farán soar os seus instrumentos por todo o casco histórico.