Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilización polo Tíbet e contra a represión

O facho olímpico sae de Grecia entre protestas a prol dos dereitos humanos

China organiza un acto na praza de Tiananmen se apenas autorizacións para prensa estranxeira.

Redacción - 09:00 31/03/2008

Durante unha cerimonia en Atenas, de mans do presidente do Comité Olímpico de Grecia, Minos Kyriakou, o facho olímpico pasou este domingo ao representante da organización olímpica en Beixín. Logo da viaxe aérea até China, e despois dunha festa na Praza de Tiananmen onde a última hora parece que se permitirá o acceso dalgúns xornalistas estranxeiros, o facho inicia o relevo "mundial" que incluirá o paso por múltiples países nun percorrido de case 140 mil quilómetros até que chegue o próximo 8 de agosto á cerimonia de inauguración dos Xogos.

Arredor do acto en Grecia esta fin de semana producíronse múltiples mobilizacións de activistas en favor dos dereitos humanos con lemas e berros a prol da liberdade para o Tíbet e contra a censura e a represión en China. Preguntado por un xornal madrileño sobre a posición do Comité Olímpico Internacional fronte ao que está acontecendo, Juan Antonio Samarancha, ex presidente da institución, declaraba esta fin de semana: "Nós non podemos presionar, estamos no noso mundo, un mundo maravilloso onde 204 países se xuntan: razas distintas, tradicións distintas, sistemas políticos distintos, todos conviven en paz". As palabras do ex dirixente do COI son exemplo da indiferenza da institución. Así, durante os peores momentos da represión sobre os tibetanos nas últimas semanas, o Comité Olímpico Internacional só emitiu unha breve valoración na que simplemente dicía compartir "o deseño mundial dunha resolución pacífica das tensións dos últimos dúas na rexión tibetana da China".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: