Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
POR 'MIGRACIÓNS'

O Cidade de Ourense de Poesía, para Rafa Villar

O xurado do premio, que chega xa á súa vixésima edición, destacou o "compromiso" da obra presentada.

Redacción - 18:18 01/04/2008

Rafa Villar gañou moitos certames de poesía dende que en 1991 se fixo co Bouza Brey. Pero o Premio de Poesía Cidade de Ourense forma parte do "top ten" dos galardóns literarios do país, como el ben di, debido á súa traxectoria de 24 edicións, á súa dotación económica e á lista de gañadores anteriores. e tamén polo seu carácter internacional, aberto a autores galegos e portugueses, o mesmo que o seu xurado. Este ano o xuri estaba conformado polos protugueses António Manuel Pires Cabral e Joaquim Ribeiro Aires, ambos os dous de Vila-Real, e polos galegos Francisco Fernández Naval, gañador da pasada edición con Miño (que vén de ser publicada por Espiral Maior), Teresa Devesa Graña e Maria Luísa Calvo Cid.

Na súa acta salientaron "o carácter intenso e comprometido, así como a música e o ritmo interior que se inicia no primeiro poema e que se mantén constante até o final do libro". Migracións está formado por uns cincuenta poemas escritos por Rafa Villar ao longo de 2007, nos que destaca a súa implicación social, e as temáticas da inmigración ou a memoria histórica. Como vén sendo habitual nos premiados en Ourense, será publicado nos vindeiros meses por Espiral Maior.

Cinco anos despois do Prestige, Rafa Villar, un dos máis detacados voceiros de Nunca Máis, segue valorando a importancia do desastre e do movemento cidadán de resposta, tamén para a súa propia creación literaria: "foi un punto de inflexión na conciencia cívica, pero tamén marcou vitalmente a todos os que o vivimos, así que necesariamente inflúe na creación poética".


3,5/5 (6 votos)


Comentarios (4)

nelbrandam #1 1/Abril/2008 nelbrandam

Parabens meu prezado e estimado.

O_Fartura #2 2/Abril/2008 O_Fartura

Noraboa Rafa.
Xa me tarda o momento no que o teu novo poemario saia do prelo.
Un saúdo mariñeiro.

Galezio #3 2/Abril/2008 Galezio

Parabéns para o Rafa Villa. avante com a poesia.
Galezio:
http://lacomunidad.elpais.com/...

Xabi1 #4 2/Abril/2008 Xabi1

Parabens todos a Rafa Villar. Agora ben, ser voceiro de Nunca Máis, e, ademáis, recoñecido, non aporta ren a súa poesía, como tampoco ser liberado sindical da CIG.
Agora que sae á palestra o bo poeta Villar talvez sería o momento de que explicase ónde fica a Plataforma e de qué raio é voceiro se hai meses, muitos, que non se convoca unha asamblea.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: