Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Galiza en Beixín 2008

Quen ha levar o facho galego?

Sae esta quinta da Torre de Hércules e percorre varios quilómetros da cidade nas mans de varios deportistas galegos. Velaquí so seus nomes.

Redacción - 19:30 02/04/2008

Saen ás 17:00 horas da Torre de Hércules, na Coruña (tamén un facho, pero meirande), co lume olímpico nas mans, para chegar á explanada do Pazo dos Deportes de Riazor, onde estará situada, por volta das 18:00 horas, a carpa "Galiza, nos Xogos Olímpicos".

Os deportistas
Ademais dos olímpicos galegos deste ano, o facho vai ser portado por destacados deportistas e ex deportistas do país, xente coma Óscar Pereiro, que acompañado por varios ciclistas do Karpin (Ezequiel Mosquera, David García, César Veloso, Blanco Villar e José Ángel Vidal) realizará a primeiro relevo en bicicleta. A seguir, chegará o momento para outros deportistas destacados como Xulia Vaquero (Atlanta 96), Tito Margaride (olímpico en Atlanta 96 e Sidney 2000), Ramiro Bravo (Sidney 2000), Antón Paz (campión do mundo clase Tornado), Isidoro Hornillos (Moscu 80), Marta Bobo (Os Ánxeles 94), Andrés Díaz (Atlanta 96 e Sidney 2000), Henrique Míguez (Os Ánxeles 84 e Barcelona 92), Juan Reinaldo Saavedra (Sidney 2000 e Atenas 04), Franco Cobas (Roma 60), Álvarez Salgado (México 68 e Munich 72), Luis Gregorio Ramós Misioné (Montreal 76, Moscú 80 e Os Ánxeles 84), Carlos Pérez Alonso (Roma 60, México 68, Munich 72, Barcelona 92, como adestrador), Fredi Bea (Barcelona 92, Atlanta 96, Sidney 2000 e Atenas 04), Chano Rodríguez (Sidney 2000, Atenas 04) , Pablo Cimadevila (Sidney 2000 e Atenas 04), Víctor Riobó, Begoña Garrido, Gustavo Nieves (Sidney 2000), Alejandro Gómez (Seul 88, Barcelona 92, Atlanta 96), Lorena Luances, Miguel Casal, Ana Varela, Cristina Fernández Piñeiro, Joseph Lamas, Miguel Rodríguez Galbán, Tamara Echegoyen, Teresa Martínez Cancelo, Pablo Beiro (Seul 88), Susana García, Pilar Neira e Arsenio Iglesias, entre outros.

Todas aquelas persoas que desexen participar nesta marcha, poderán incorporarse dende o primeiro relevo a pé, na Torre de Hércules.


3/5 (2 votos)

Comentarios (5)

Tino #1 3/Abril/2008 Tino

Síntoo moito polos deportistas galegos, pero para min pesa mais a liberdade de miles de persoas oprimidas por ese estado fascista da China.
BOICOTE AOS XOGOS OLÍMPICOS!

carloscmgb #2 3/Abril/2008 carloscmgb

Non sei que será peor, se o fascismo de China ou o feudalismo acérrimo e a teocracia dos monxes budistas e a nobreza ( que foron e son azuzados por USA, a quen lle importa un pemento a situación do Tíbet , para desestabilizar a China ) que mantiña o seu pobo na semiescravitude.
Sería unha liberdade para ficar de novo oprimidos.

Tino #3 3/Abril/2008 Tino

O q dis non ten pés nin cabeza carloscmgb: os EUA déronlle todo o seu opoio á China, tanto non económico como no político, ainda q isto non o digan coa boca grande. De feito os EUA votaron a favor da candidatura de Beixín para os Xogos.
Non teria moito sentido q agora keiran desestabilizar o país neste momento.
Feudalismo acérrimo no Tibet? Pode ser, pero desde q entraron na China pasaron dun feudalismo (eles decidirán se o keren ou non), a unha ditadura-dura-dura onde non poden decidir nin a quen rezar. Ademais, lémbroche q foron INVADIDOS. Nin mais nin menos.

carloscmgb #4 3/Abril/2008 carloscmgb

O que digo sobre USA é certo e sucede desde os anos '50 ; é algo sobradamente coñecido.
O que lles espera ós tibetanos cos lamas pode ser de todo menos democracia ( e lémbroche que neste proceso o pobo non vai decidir nada ; se puderan facelo nin estarían os chinos nin os lamas dirixindo o pais ).

Tino #5 3/Abril/2008 Tino

Pois moi ben, carloscmgb, tes toda a razón...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: