Trátase dos Buxos da Illa de San Simón, os carballos da vila de Bande, os exemplares do Rebolo de Quegua, no Xurés e o Teixo de Cereixido de Quiroga.
O Comité das Árbores Senlleiras acordou a inclusión no catálogo de catro novos exemplares, dúas árbores e dúas formacións arbóreas. Estes novos exemplares foron seleccionados por unanimidade dos membros do comité entre as 45 solicitudes presentadas, nunha reunión celebrada onte. Trátase dos Buxos da Illa de San Simón, os carballos da vila de Bande, os exemplares do Rebolo de Quegua, no Xurés e o Teixo de Cereixido de Quiroga.
Os membros do comité valorarán en vindeiras semanas a posible inclusión de novos exemplares no Catálogo de Árbores Senlleiras, que actualmente recolle 106 árbores e 21 formacións arbóreas. O Comité de Árbores Senlleiras é un órgano consultivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente.
Os exemplares e formacións que finalmente non sexan incluídos no catálogo poderán quedar protexidas mediante outros instrumentos de carácter local (catálogos municipais, plans de ordenamento) ou outras figuras de protección da natureza (como as de Espazo Natural de Interese Local ou Espazo Privado de Interese Natural) ou ben mediante protección de patrimonio cultural.