O popular enfrontouse a socialistas e nacionalistas, ao tempo que preguntaba se a nova norma vai esixir que os rótulos das tendas vaian en galego.
O líder do PPdeG pediulle a Touriño que lle explicase a nova Lei do Comercio (aínda en borrador) para cuxa aprobación o deputado nacionalista Bieito Lobeira pedía esta cuarta feira o apoio dos demais grupos no Parlamento.
"O que queremos saber é se Touriño vai obrigar aos 50 mil comerciantes a rotular en galegos os seus estabelecementos", dixo Núñez Feijoo, ao tempo que dicía que o seu grupo está a favor de "promover o galego" non de "impoñelo". Porén, o líder popular avogou por agardar a coñecer o contido da Lei antes de se posicionar.
Touriño, na súa intervención, respondeulle a Feijoo que o acceso ás subvencións aos comerciantes non se modifica na nova Lei, polo que non vai haber "discriminación" por razóns lingüísticas neste sentido. Tamén salientou que o contido do borrador da Lei do Comercio é unha "iniciativa dun parlamentario" que vai ser estudada "no seu momento". A seguir o presidente do Goberno salientou que o executivo "está comprometido coa lingua, e imos ser escrupulosos co respecto aos dereitos dos cidadáns.
E saíu tamén o Juan Canalejo
O presidente do PPdeG volveu sacar a polémica do cambio de nome do hospital coruñés, asegurando que nacionalistas e socialistas provocaron "unha nebulosa de inseguridade" na política galega e que promoven iniciativas no Parlamento "para que o PP se posicione en contra", e referiuse concretamente á retirada de símbolos franquistas dos edificios que sexan de titularidade autonómica. Feijoo dixo que despois de promover estas iniciativas de xeito común, "logo incúmprense os acordos de forma sistemática".
Respecto disto, o dirixente popular laiouse de que o BNG se teña convertido no "guía do antifranquismo, coma se houbese políticos franquistas" no Parlamento e salientou que nas bancadas que ocupa o PPdeG "dende logo que non os hai". Ao tempo salientou que o seu grupo non quere manter os símbolos que "estean contra a Constitución" pero avogou por respectar os "personaxes da transición española", algo que, na súa opinión, non garanten os partidos no Goberno.
Polo seu lado, e en canto á posibilidade de mudarlle o nome ao hospital coruñés a outros centros de titularidade pública, Touriño salientou que a Xunta vai cumprir os prazos marcados na Lei da Memoria Histórica elaborada polo goberno español.
O Nuñez Feijoo preguntaba "se a nova norma vai esixir que os rótulos das tendas vaian en galego". Pois eu desde logo espero que si, que sexa así.
O malo é pensar que esta lei (eu diría que vital para o noso idioma), de se chegar a aprobar, podería seguir o mesmo camiño de incumprimentos que a do galego no ensino.
Mais, alguén se sorprende a estas alturas do partido, da actitude pos "pepeiros" sobre as cuestións da lingua e a cultura?
Velahí temos o resultado da farsa do "bilingüísmo harmónico" que se nos estivo a vender durante o seu mandato.
E terá algo que decir o sr feijoo sobre isto? http://www.vieiros.com/nova/65...
Retirar os símbolos franquistas paréceme ben. Feijoo minte ao dicir que nas bancadas do PP non hai políticos franquistas porque senón non porían tantos problemas para retirar estes símbolos.
Impoñer o galego na rotulación non me parece correcto. Cada quen é libre de utilizar o idioma que lle pete se é oficial neste país (refírome a Galicia). Non se debe ir polo camiño da imposición ¿Queren parecerse a outro galego que eu me sei?
O único que pretende a norma é subvencionar aos comercios que si unsen o galego. Perden o rumbo, como sempre, tanto o "voceras" dos comerciantes (apelidase Seijas, ou sexa, en español, "Cuarzos Rodantes") como o acomplexado do Blanco Valdés (ver a Voz de Galicia de hoxe) como Núñez Feijóo (ou sexa, Núñez "Habero").
Patéticos PParios!Tendes menso que fazer na Galiza que o Manolete numa mani anti-tourada!!
O discurso "nazi-onal católico" arruinou-lhes as gerais, a por eles que lhes vai arruinar também as galegas, seguro!!
Avante toda!
http://lacomunidad.elpais.com/...
#5 Biosbardos, non caias na trampa, non se trata de impoñer o galego, tratase de que COMO MÍNIMO o galego estea presente na rotulación e isto non ten q ir en detrimento doutras linguas. A min tamén me parecía até non hai tanto moi forte aquilo de que os cataláns multaban por rotular en español, até que me informei e me decatei que todo é un bulo, o que non poden é deixar de rotular na lingua do Pais independendentemente de que usen no mesmo rótulo outras linguas. Eximense desas traduccións marcas comerciais polo tanto non veremo O Corte Inglés e cousa polo estilo.
Do que se trata é de rematar coa secular anomalía de ter unha sociedade onde o galego segue a ser a lingua maioritaria e de uso case total en moitas zonas, e a un tempo a presenza do galego na rotulación e en moitas outras cousas do día a día segue a ser anecdótico. Francia fixo hai poucos anos unha lei similar para porlle freno ao uso abusivo e crecente do inglés en establecementos comerciais. As leis de rotulación xa están presentes en moitos paises europeos con lingua minorizada e nós, que temeos unha das linguas minorizadas máis extendidas na sua poboación de toda Europa, imos ser menos nós na defensa da nosa lingua? O galego está a esmorecer, está a desaparecer, non o esquezas.
A receta difamatoria por parte dos anti-galegos é sempre a mesma. Segundo esta o avance en dereitos do galego vai en detrimento dos dereitos do castelán e non é así. Rotular en galego non vai implicar que se multe a aquel que "tamén" rotule en chinés, italiano, árabe, castelán etc.
Con el permiso de los redactores de Vieiros, propongo el siguiente título a la noticia: "Feijóo se niega a la imposición totalitaria del idioma y al recorte de la libertad de comercio"
Puestos a titular...
Amigo 10, se nom sabes que significa a palavra "totalitario" (de cada dez palavras que utilizas 11 e "totalitario") procura um sinonimo ou outro recurso pra o que queres dizer, ja que que o parlamebnto aprove umha lei que considera necesaria (ainda que tu nom o faigas) e quer fazer posibel a sua implementazom (politica a fim e tudo) isso nom e "totalitarismo" (procura a definizom que lhe deu o teu "amigo" (e de Fraga e tantos PPepeiros) Franco em 1938...Ja cansa tanto acaimento do discurso (o que seja que tu digas) a palavra "totalitario"...Respecto o teu direito a discrepar, mais nom a inventar o significado das palavras...
Grazas pola expLición Garrano