Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTREGARASE O 18 DE MAIO

Beramendi, Pedrón de Ouro

Ademais do recoñecemento que recibirá o catedrático, Xosé Lois García recibirá o Pedrón de Honra polo seu labor divulgador de Galiza no exterior.

Redacción - 17:12 04/04/2008

O patronato da Fundación do Pedrón de Ouro salientou a traxectoria de Xusto Beramendi como docente e investigador da historia do nacionalismo galego e promotor de numerosas iniciativas, entre as que destaca a posta en marcha do Museo do Pobo Galego. Entre outras moitas obras, Beramendi vén de publicar De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais, 2007). O acto de entrega do galardón terá lugar o vindeiro 18 de maio nun acto que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12.30 horas.

Ademais, o escritor Xosé Lois García recibirá o Pedrón de Honra 2008. Este premio recoñece a personalidade ou entidad, galega o non, e residente fóra do país que destacara polas súas achegas á difusión de Galiza e a cultura galega no exterior. En concreto, García realiza un importante labor como divulgador da cultura galega e portuguesa en Cataluña a través de colaboracións xornalísticas, así como pola creación dos parques Rosalía e Castelao no municipio de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).


4.67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: