Unha web arxentina recolle fotografía dos rótulos máis surrealistas que se poden atopar por todo o mundo.
'Prohibido roubar', 'Liquidación total por saqueo' ou 'Non faledes co can' son algúns exemplos de letreiros que un pode atopar en tendas, aeroportos ou vivendas particulares de todo o mundo.
Os autores da web arxentina Proyecto Cartele recolleron, coa axuda dos internautas, máis de 15.000 imaxes deste tipo e xa publicaron dous libros e expuxeron a mostra en varios países.
Algúns outros exemplos cómicos -ou non, depende de quen os lea- que se poden ver na colección inclúen mensaxes pintadas en muros como 'Manolo: a cea fala ti só! A túa muller'.