O comisario de Ampliación avalía que o proceso de negociación co goberno turco completarase nun prazo de entre dez e quince anos.
O próximo mes de xuño a Comisión Europea abrirá dous novos capítulos de negociación con Turquía, os referidos a dereitos das empresas e propiedade intelectual. Serán en total oito os puntos de debate abertos e, ao ritmo actual das conversas, e co guieiro de 35 temas que a Unión Europea deseñou, Turquía cumpriría os requirimentos para formar parte da UE nun prazo de entre 10 e 15 anos. Así o asegura esta semana en entrevista co xornal alemán Die Welt, o comisario europeo de Ampliación, o finlandés Olli Rehn, quen con todo, indicou que "a Turquía aínda lle queda agora mesmo un longo camiño".
O optimismo do eurocomisario contrasta coa cautela a nivel dos países membros. A chanceleresa alemá, Angela Merkel, e o presidente francés, Nicolas Sarkozy, téñense pronunciado xa sobre o estabelecemento dunha relación "privilexiada" con Turquía no momento en que complete o proceso. Segundo esa estratexia, esa relación non remataría necesariamente na incorporación de Turquía como socio, quedando tan só nun estatus especial. Esa postura foi reafirmada recentemente pola ministra de Exteriores de Austria, Ursula Plassnik, quen en visita recente a Turquía subliñaba precisamente que non se producira a adhesión de xeito automático aínda cando se completen os 35 puntos a negociar.
Así e todo, as declaracións de Olli Rhen poden entenderse tamén como un xesto simbólico en favor do actual goberno turco nun momento especialmente complicado para o executivo do primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan, co Tribunal Constitucional analizando a posíbel prohibición do partido gobernante. "É importante que a UE amose o seu compromiso con Turquía nestes momentos difíciles", dixo.
Croacia avanza axiña cara a UE
Por outro lado, o socio potencial da UE que máis rápido camiña no cumprimento das esixencias estabelecidas pola Comisión Europea é Croacia. Segundo o plan inicial da UE, esa adhesión podería producirse en 2011, malia que o goberno croata traballa coa previsión de que en 2010 poida asinar a entrada, segundo recoñecía hai poucos días o ministro de Exteriores croata, Gordan Iandrokovic.
Será millor que consulte co Mr. SO(BAD)lanas, que para aquela tamén serán €uropa: U$$ra€l, Marrocos, Kosova e non vai quedar Turquía atrás.
Todos estes países fixeron idénticos esforzos nos DDHH como para ser acollidos de plenos dereitos no seo da CLUBE SELECTO DA LIBERTADE...CORPORATIVA inc co.
Pois a min que me borren. E non é por racismo. Racistas son os turcos cos kurdos.
Se Chipre, que está en Asia é membro da UE, Turquía tralas negociacións, se cumple cos criterios de Copenaghe e se todos os países membros apoian o seu ingreso, non ter porque non estar tamén.
Bon, eu sería dos máis entusiastas da incorporación de Turquía á UE, anque só fose por amolar á Igrexa Católica e aos reaccionarios. Mais de certo que o estado Turco deixa moito que desexar en moitas facetas, ben coñecidas: persecución dos Kurdos, ocupación ilegal do norde de Chipre, condicións terríbeis das súas cárceres, e precario cumprimento dos dereitos humanos, tentacións islamistas de sectores sociais (anque isto tende a inflarse; non dubido que a matriz do estado laico de Atatürk segue a ser menos confesional que ese mexapilas polacos ou irlandeses). O malo é que non os manterán fóra da UE por iso, senón por outros motivos, claro...
Un paso máis para a disolución da Europa social, se é que algo queda, e un avance para a Europa económica.