A senadora demócrata realizou estas declaracións o día en que xoga grande parte das súas opcións para ser candidata a presidir o seu país.
Hillary e Bill Clinton, nun mítin en Filadelfia
A senadora demócrata e candidata a liderar o seu partido nas eleccións presidenciais do vindeiro mes de novembro, Hillary Clinton, afirmou que se ela estivese na Casa Branca e o goberno de Teherán atacase Israel con armas nucleares, Estados Unidos estaría en disposición de "desintegrar por completo" Irán.
Nunha entrevista concedida este martes ao programa Good Morning America, da canle de televisión ABC, Clinton foi preguntada por esta posibilidade. "Quero que os iranianos saiban que se eu son presidenta, atacaremos Irán", contestou.
Duro enfrontamento en Pensilvania
Precisamente, esta mesma xornada a senadora por Nova York e mais Barack Obama teñen un novo enfrontamento nas primarias do estado de Pensilvania, unha das últimas grandes citas na carreira pola candidatura á Presidencia dos EUA.
Clinton parte como favorita nas enquisas, mais a cuestión clave reside en ver se conseguirá máis de dez puntos por riba do seu rival, o que lle serviría para argumentar a tendencia á baixa do de Illinois.
Estas primarias estanse a caracterizar polo duro ton dos contendentes, algo que preocupa nas filas do partido, xa que é o candidato republicano John McCain o que podería sacar proveito do desgaste dos demócratas.
Michael Moore apoia a Obama
Por outra banda, o cineasta Michael Moore avalou o aspirante presidencial demócrata Barack Obama nunha mensaxe pendurada o luns na súa web. O texto inclúe loubanzas para o senador de Illinois e críticas a Hillary Clinton, ao Partido Democrata e á administración Bush.
Ogallá que irán extermine aos xudeus,e logo os EUA a Irán,e despois que os Chinos e os Rusos vaian polos Americanos e que nos manden a todos tomar polo cú. Total pa puta merda de mundo na que vivimos mellor que se vaia todo a tomar polo cú,reitero
Eu adoro esta mulher, é tam feminina. Ás mulheres do governo ZP vai-lhes cupmrir uma inspiraçom como esta.
Irán até o de agora só "ameazou" con defenderse caso de ser atacado polos sionistas. Tamén nesta circunstancia exterminaría Hillary Clinton os iraníes?
"Irán até o de agora só "ameazou" con defenderse caso de ser atacado polos sionistas. Tamén nesta circunstancia exterminaría Hillary Clinton os iraníes?"
claro, xa inventarían algunha milonga para xustificalo
U$$ra€l só ten que provocar un enfrontamento p.e. mandándolles un pepinazo ou invadindo unha esquina con calquera pretexto. E a U€ todos a unha.
Mais semellan tracas de festa para incrementar a votaxe, mais fan realmente perigosa esta xente na presidencia dos €$tados! Mulleres incluídas!
Non se como será Obama Sin Laden, pero xa sabemos algo de como será Hillary Clinton.
E asústanos o cambio climático?
Paréceme unha resposta imbécil (a de Hillary Clinton) a unha pregunta estúpida (a do xornalista que preguntou que pasaría se...?) Como se pode entrevistar a unha candidata presidencial e porlle esa cuestión? Lembrame a: Se hai unha bomba nuclear que está a piques de estourar e capturaches ao terrorista que a puxo, torturaríalo para saber onde está? Vamos, un exercicio de estupidez. Non sei como Hillary Clinton non atopou mellor resposta.
Por certo, Israel é un país desprezábel como tamén o é Irán.
Rectifico, estiven vendo a entrevista e foi Hillary Clinton soíña quen decidiu ameazar abertamente a Irán. O entrevistador nen sequera formulou unha pregunta concreta. Joder, que medo de candidata!
É que nos EUA ser demócrata en realidade quere decir ser de dereitas e ser dos conservadores é ser da ultradereita máis rancia. Así teñen eses políticos q soltan sapos pola boca. Menuda peza.
Case prefiro que gañe as priamrias. Ó que me vou rir!!
E se os turcos cárganse aos kurdos, impórtache un carallo.
Este país deberíase chamar Estados Unidos con Israel.
Miúdo elemento. Outra declaración como esta é tes a presidencia no bote.