Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TEN 65 MIL ENTRADAS

O dicionario de Ir Indo xa se pode consultar na rede

É o único dispoñíbel en liña actualizado coa modificación normativa de 2003.

Redacción - 11:02 24/04/2008
O dicionario de Ir Indo

O dicionario de Ir Indo

O dicionario de Ir Indo conta con máis de 65.000 entradas e recolle todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003. O único dicionario de galego que até agora estaba dispoñíbel na web da Consellaría de Educación aínda non contempla as modificación da RAG aprobadas hai cinco anos.

O dicionario incorpora as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés, o que o converte nun dos dicionarios máis completos do mercado lexicográfico galego. O dicionario en liña será permanentemente actualizado, perfeccionado e ampliado coas achegas dos usuarios, e en breve disporá tamén de sinónimos, antónimos e frases feitas. Para mellorar a dispoñibilidade do texto, tamén conta cunha versión WAP para facer doada a súa consulta dende case calquera móbil do mercado.


Ligazóns

5/5 (12 votos)


Comentarios (19)

BovedaGZ #1 24/Abril/2008 BovedaGZ

Xa era hora de que alguén se preocupara por poñer a disposición dos galegos un dicionario en liña actualizado. Semella moi completo coas equivalencias en varios idiomas, e o mellor de todo pode ser cando completen cos sinónimos e antónimos.

Parabéns pola iniciativa!!!

Galezio #2 24/Abril/2008 Galezio

Mágua de esforços para um castrapo que não tem futuro. Agora é "dicionario" em castrapo? Home, antes era "diccionario", imos melhorando!!
Para mim, tendo o "Estarvis" disponível, que queredes que vos diga? Além de tudo, para que servem as mudanças se ninguém (dos castrapeiros) as utiliza? Vejam lá, GALIZA, quem a utiliza? O BNG e para de contar...Para que serviu a "reforma"? -sic- só para que o BNG aceitara o "oficial" e por cima rim-se deles!! Pois os "oficialistas" semguem a utilizar o "castrapus-horrororus"!!

Galezio #3 24/Abril/2008 Galezio

Mágua de esforços para um castrapo que não tem futuro. Agora é "dicionario" em castrapo? Home, antes era "diccionario", imos melhorando!!
Para mim, tendo o "Estarvis" disponível, que queredes que vos diga? Além de tudo, para que servem as mudanças se ninguém (dos castrapeiros) as utiliza? Vejam lá, GALIZA, quem a utiliza? O BNG e para de contar...Para que serviu a "reforma"? -sic- só para que o BNG aceitara o "oficial" e por cima rim-se deles!! Pois os "oficialistas" semguem a utilizar o "castrapus-horrororus"!!


http://lacomunidad.elpais.com/...

Sabrexo #4 24/Abril/2008 Sabrexo

Moi boa iniciativa.

larpeiran #5 24/Abril/2008 larpeiran

Galezio
explícame ti o paréntese deste titular:
http://lacomunidad.elpais.com/...

Grazas!

crunha #6 24/Abril/2008 crunha

Por fin un dicionario en liña e actualizado aos últimos cambios.
O que é triste é que sexa a iniciativa privada e non a RAG ou a Xunta quen o fai. O que tiñan nin sequera recollía os cambios na normativa, vaia xente...

elrr #7 24/Abril/2008 elrr

Galezio, o autonoxo pode vestirse de diversos traxes. ¡Que mágoa!

Galezio #8 24/Abril/2008 Galezio

Seica agora para os "bableros" galegos o reintegracionismo, eu prefiro chamar regeneracionismo, é "auto-odio"... Vaia, caralho o que temos que ouvir!!
Lembra-me ao "Dario Xojan" ( perdão)"Xohan"... quando nos acusava de "simples regionalistas" e logo ele terminara de policia municipal de não sei onde e depois de militante do PSOE!! Nada tenho contra dos policias e menos se são locais, mas alguém comentara então: homem, pois já tem pistola!! É que seica tinha proposto alguma vez, pois isso, algo mais de "luita"... Os que temos mais de 50 anos temos visto tanto, meus amiguinos, que passamos de parvoices! Uma pergunta para os "iluminados"? O Estravis também tem "auto-odio"? Lá vai uma outra ligação para criticar.
http://lacomunidad.elpais.com/...

OBSERVADOR #9 24/Abril/2008 OBSERVADOR

E vai "tirando" esse dicionário de XaleXo?

Galezio #10 24/Abril/2008 Galezio

Bom, que fique constância que eu nada tenho contra o dicionário de "Ir Indo" e até pode ser bom que dentro do "bable" galego em lugar de "preto" se escreva "perto"... Porque lembro-vos aos do castrapo que essa "animalada" linguística é "sonada"... Dizer "negro" ("preto" em galego ou "prieto" em castelhano é negro ponham-se como se pusserem)por "perto" ( que é cerca) é patético e ridículo. Mas duvido que este "dicionario" resolva isto!?
Ressumo,"perto" é próximo, cerca."Preto" é negro... em castelhano "prieto"... "Pobra" é uma outra "animalada" das vossas, não seria melhor "Povoa"? Ou "ata"... Em fim se este dicionario resolvera problemas tão ridículos como estes, bem-vindo, mas minhas dúvidas!!
titular:
http://lacomunidad.elpais.com/....

Galezio #11 24/Abril/2008 Galezio

OBSERVADOR, não entendo?
http://lacomunidad.elpais.com/...

piugo #12 24/Abril/2008 piugo

O galego que temos coa nova normativa non é ningún castrapo. É unha lingua con moitas opcións que permite o emprego de formas lusistas ou doutras máis próximas ao castelán. Con todo, é lóxico que aínda teñamos que virar algo máis cara a nosa lingua falada pero xa se vai aproximando.
Moi ben por Ir Indo

Galezio #13 24/Abril/2008 Galezio

Piugo, se imos "cara a nosa língua falada" então, com todos os respeitos, imos mal!! E já não vou "incordiar" mais neste tema. Mas todos sabemos que se a "norma" é para "plasmar" o que se fala popularmente, então sim que a cagamos!! Porque o que se fala é uma língua colonizada ( ela é inocente) sem conciência de seu que se não pode tomar como marco para fazer umas normas, dicionário ou o que fôr...Então teria-se que escrever: "pueblo","iglesia", "sindicales", "animales"...Etc.. Já sei que você não se refire exactamente a isso, mas por lá vão os tiros dos "bablistas".
http://lacomunidad.elpais.com/...

Galezio #14 24/Abril/2008 Galezio

Para os "quisquillosos" queria dizer: "consciência"
http://lacomunidad.elpais.com/...

Sabrexo #15 24/Abril/2008 Sabrexo

Eu vía o reintegracionismo con certa simpatía, mais comentarios como os de Galezio parécenme unha falta de respecto.

rubem #16 24/Abril/2008 rubem

Que o senhor Galezio opine como opina e que seja reintegracionista nom quer dizer que todos os reintegracionistas opinem como ele.
Eu tambem vejo o isolacionismo com certa simpatia e nom vejas os comentários que há por aí escritos por isolacionistas.

lavesedo #17 25/Abril/2008 lavesedo

concordo co rubem, cento por cento. E convido o señor Galezio a visitar a miña aldea na serra da Bobia, no eo-navia, para lles explicar aos veciños que preto agora é mouro e non cerca e tamén que falan "bable"...haha.

bertus #18 25/Abril/2008 bertus

Parabéns a Ir Indo. Os que queremos a nosa lingua estamos de noraboa.

OBSERVADOR #19 25/Abril/2008 OBSERVADOR

#11 hai 12 horas e 9 minutos Galezio

OBSERVADOR, não entendo?
http://lacomunidad.elpais.com/....

------------------------------------

Galezio, fiz só um jogo de palavras "ir indo" > "ir tirando" (cast.)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: