Entre os máis de 200 candidatos, o xurado escolleu a proposta dun rioxano residente en Navarra, "o máis eficaz desde o punto de vista publicitario".
O concurso convocado para seleccionar o cartaz do Festival do Ortigueira xa ten gañador. O cartel presentado por José Ángel Ligero Martínez será finalmente o que utilice a organización do evento, que terá lugar do 10 ao 13 de xullo, nas súas campañas de publicidade exterior.
O xurado estivo integrado por Quim Farinha, de Berrogüetto; o interiorista Alejandro Gómez Álvarez; o fotógrafo e autor de varios dos carteis históricos do evento Álvaro Fernández Polo; o director do Festival Fran Rivera; o coordinador do evento Alberto Balboa; o xerente do Xacobeo Ignacio Rodríguez Eguibar, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón.
O tribunal considera que o cartel triunfador é o máis eficaz desde o punto de vista publicitario de cantos se presentaron. O gañador recibirá un premio de 6.000 euros e deberá agora presentar diferentes adaptacións do cartel, por exemplo, para a súa utilización nos imprescindibles produtos de merchandising do festival.
frouxo frouxo. e este é o meirande certame de carteis que se celebran na penisula? e esta é a representación do festival celta?
non é pior co anterior de siro lópez, pero parceme moi decepcionante.
O cartaz esta ben para quen xa coñeza o festival. Imaxinades este cartaz posto en Dublin ou en Edinburgo? Se o interesado vai logo a internet por ver que qería anunciar, que pon? O-TI-GUE-LA? lembra as camisetas de "si no pue´es leer bien e´to, es que has bebio muxa birra". Agora que ninguén se extrañe, a CARPA DANCE vai seguir onde estaba e este cartaz amosa ben as claras esa maneira de ver o mundo.
Que carallo e iso? que anuncia?,unha festa dance?
onde esta reflexado o suposto espirito celta nese cartel?
a mais ten razon Garrano,nos sabemos o que anuncia,pero entenderao un tipinho de portugal por exemplo?
E triste reconhecelo,pero hoxe por hoxe a xente atraena mais a festa dance da acampada ca o propio festival.
A verdade é que o cartaz non é bo. Non sabemos como serían os outros. Deberian encargarllo a Xosé Díaz. Reflexa mellor o noso esprito de fillos de Breoghán
Que vergoña de cartaz. Lévanse anos pedindo carteis que reflexen un espírito celta e elixen un cartaz que non di absolutamente nada. Non me creo que entre máis de douscentos carteis este sexa o mellor, porque para isto...que non fagan concurso.