Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMPLIACIÓN DE CAPITAL

Jove entra no sector tecnolóxico mercando o 47,5% de Blusens

A operación supón que os dous fundadores da empresa queden co 52,5% restante das accións.

Redacción / EP - 11:35 28/04/2008

O empresario Manuel Jove mercou o 47,5% da empresa tecnolóxica Blusens a través da súa corporación Inveravante. A operación, incluída no plan de negocio da compañía de electrónica, que pode supoñer un investimento de até 16 millóns de euros. Pola súa banda, os cofundadores de Blusens, Xosé Ramón García e Miguel Silva, quedan co resto da participación, ao mercaren a dos outros socios minoritarios.

Trátase da primeira operación de Inveravante no eido das novas tecnoloxías e responde ao seu interese por diversificar a súa carteira cara a sectores con potencial de desenvolvemento. Jove entra en Blusens subscribindo unha ampliación de capital de Blusens Global Corporation, despois da fusión de Blusens Technology e das súas filiais Blusens Middle East e Blusens China.

Despois da ampliación de capital, Blusens presenta unha valoración de até 50 millóns de euros. O seu plan de negocio prevé acadar unha facturación de 70 millóns de euros en 2008 e chegar aos 100 en 2009. Inveravante anunciou nun comunicado a súa intención de achegarlle á empresa tecnolóxica galega solidez para expandir a súa actividade internacional e diversificar a súa liña de negocio cara á electrónica profesional.

A corporación de Manuel Jove, primeiro accionista do BBVA, xa contaba con presenza en sectores como o téxtil, con Caramelo; da enerxía, con Vetra; da xestión do solo e do patrimonio, co Parque Warner; da agroalimentación, con varias adegas de viño, e o hoteleiro.


5/5 (1 votos)

Comentarios (2)

lourentia #1 28/Abril/2008 lourentia

Este home non deixa nada sen comprar. Aínda que se lle poderían poñer ben chatas, polo menos inviste en Galiza

baltar69 #2 29/Abril/2008 baltar69

si ho, que blusens ten un fondo tecido industrial en galicia. era boa.
xa me dirán os postos de traballo que xenera este noso espolón tecnolóxico...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: