Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
II Encontro de Arte e Naturaza

O espírito de Man segue en Camelle

Os días 2 e 3 de maio vinte artistas galegos e dez mallorquíns participarán nun obradoiro sobre a intervención artística na paisaxe.

Redacción - 13:45 30/04/2008

O II Encontro de Arte e Natureza Man de Camelle abrirase o xoves 1 de maio, coa recepción dos artistas participantes polo alcalde de Camariñas e os responsábeis de cultura do Concello, que terá lugar na propia casa-museo de Man. Os obradoiros terán lugar os días dous e tres, e pecharanse coa inauguración da mostra Arte e Natureza, do Grupo Arou. A exposición é froito da experiencia do pasado ano co artista alemán Nils-Udo.

O encontro ofrecerá unha serie de actividades teóricas e creativas sobre o proceso de investigación creativa da contorna. Estas actividades parten dunha actitude aberta por parte do suxeito, dunha disponibilidad cara ao azaroso e o inesperado. Respecto da natureza, enfocaráse desde a perspectiva contemporánea da paisaxe artificial, como lugar que foi efectiva e simbólicamente afectado, ocupado e alterado polo home. Así, percorreranse espazos tanto habitados como naturais, pero sempre atentos á presenza neles do humano.

Os obradoiros están coordinado por Ana Martínez, Antón Sobral, Carmen Hermo e Jesús Calvo e conta coa intervención de Ignacio Pérez Jofre, profesor da Facultade de Belas Artes en Pontevedra


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: