A coincidencia do impacto do téxtil chinés coa decisión do Comité Olímpico Español causa malestar no empresariado galego.
A competencia asiática no téxtil, principalmente de China, foi habitualmente un dos factores que se considerou que lle afectaban negativamente ao sector en Galiza e no conxunto do Estado. Máis dunha empresa fuxiu cara a aquelas xeografías na procura de man de obra barata, e moitas outras non foron quen de resistir a presión no seu ámbito de mercado da produción chegada de terras chinesas.
Nese contexto se entende o enfado agora do sector en Galiza ao asistir esta semana á presentación dos que serán os uniformes oficiais dos atletas estatais, tamén da media ducia de galegos xa clasificados para Beixín, e coñecer que foron fabricados por unha empresa chinesa.
Por este motivo, a Asociación de Empresas de Punto e Confección das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (AIPC), expresou este venres a súa "sorpresa" e "malestar" ante a decisión do Comité Olímpico Español de encargarlle ese deseño e a elaboración dos uniformes do equipo olímpico á emoresa chinesa Li-Ning.
A asociación, que agrupa un cento de empresas de tres provincias galegas, recoñece que, como organismo independente, o COE pode realizar os encargos a calquera empresa que opere no ámbito internacional da moda. Se ben, considera que o feito de que non se elixira unha empresa estatal responde a "unha grande falta de sensibilidade" cara ao sector téxtil, sobre todo tendo en conta a importancia deste acontecemento deportivo. Así, a AIPC únese á posición crítica tamén manifestada polo Consello Intertéxtil Español.
ha ha ha... ¿E non teñen medo de que lles poñan dopantes nas fibras sinteticas para que os descalifiquen???
ha ha ha... pon os teus deportistans nas mans dunha potencia extranxeira, ¿quen o ia a decir?... ha ha ha
Non o, fanno por aforrar cartos.
Así co que lles sobra poden levar amigos e demáis de "vacacións" as olimpíadas e facer turismo a costa de todos.
(Refirome aos cargos e carguillos do COE, non aos deportistas).
--
Que non fodan. Que co presuposto que hai para os xogos olimpicos que non me digan que fabricar a equipación deportiva en calquer empresa do estado español sae máis caro.
--
A ventaxa e que logo poderemos mercar as camisetas e chandals dos deportistas nos "todo a cen" chinos e resulta que van a ser prendas orixinais...
pero é que non fai falta ir ao"todo a 100" para mercar porque chega que vaias a tenda de deporte tan guai da tua cidade...ou é que a economía sumerxida dos talleres textis en Galiza non lles resultaba mais barato que ir a China?