Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CURSO DE XESTIÓN PROFESIONAL EN COMPOSTELA

Cara a onde vai o negocio da música?

Santiago recibe os días 7, 8, e 9 profesionais e expertos de todo o Estado que achegarán as súas visións sobre un mercado en cambio.

Redacción - 11:53 05/05/2008

Trátase da segunda ocasión en que se organizan estes cursos, iniciativa do IDEC (Instituto de Educación Continua) da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. E a segunda vez que chegan a Galiza, despois de que o pasado ano se impartisen en Vigo. Compostela abrirá no 2008 os cursos, que nos meses seguintes xirarán por outras sete cidades do Estado.

O obxectivo é presentar os acelerados cambios que o mercado e a industria da música están a vivir nos últimos anos, preparando aos asistentes aos cursos para deseñar e desenvolver modelos de negocio que asuman a explotación integral da música en calquera dos seus formatos. Polo Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Compostela, onde se imparten os seminarios, pasarán recoñecidos profesionais como Mariano Pérez (asesor de Warner Music), Santiago Ricart (manager A&R de Sony), Ventura Barba (director xeral de Yahoo! Music Europe) ou Antonio Guisasola, (presidente de Promusicae).

O curso ten unha duración total de 20 horas e outorga dous créditos de libre configuración. Nas sesión trataranse temas como a actual situación dos dereitos de autor, as vías de explotación dos formatos dixitais, a crecente importancia da música en directo e a súa comercialización, así como o márketing dos produtos musicais. A inscrición pode realizarse na propia páxina dos seminarios.

Programa do curso

Mércores, 7 de maio
10:00-11:30 O negocio da Música. David Loscos
11:50-12:50 A compañía de música: o modelo de negocio integral. Mariano Pérez
13:00-14:00 A compañía de música e a relación co artista. Mariano Pérez
15:30-16:40 O modelo de negocio editorial. Santiago Ricart
16:50-17:50 Casos e vías de explotación de repertorio. Santiago Ricart
18:00-19:00 A función de SGAE.

Xoves, 8 de maio
10:00-11:30 Revisión do modelo de negocio discográfico. David Loscos
11:50-12:50 A explotación dixital. Ventura Barba
13:00-14:00 A función de AGEDI. Antonio Guisasola
15:30-16:40 A función do manager e o seu papel no desenvolvemento do artista. Helena Núñez
16:50-17:50 O negocio da música en directo. Helena Núñez
18:00-19:00 Líñas de apoio empresarial da Administración pública de Galicia. Miguel Martín, Rafael Juanatey Mayán, Susana Vázquez García

Venres, 9 de maio
10:00-11:30 O contrato full rights o 360º (gravación, imaxe, publicidade) Enric Enrich
11:50-12:50 O contrato editorial. Enric Enrich
13:00-14:00 O contrato de management e de actuación. Enric Enrich
15:30-16:40 O plano de marketing. Fernando Luaces
16:50-17:50 O plano de viabilidad dun proxecto musical. Fernando Luaces
18:00-19:00 Cómo exportar música (os programas do ICEX). Juan Miguel Márquez


3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: