A directora xeral para o Deporte vaise xuntar cos máximos responsábeis do deporte portugués para falar da asistencia das seleccións galegas a este campionato.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, ha manter esta cuarta feira unha xuntanza no Comité Olímpico de Portugal, e posteriormente no Instituto do Deporte Portugués, cos máximos responsábeis do deporte luso para tratar diversos temas relacionados co deporte.
Souto tamén vai falar de futuros acordos para fomentar o intercambio de experiencias a nivel deportivo entre o noso país e o veciño, e, entre outras cousas, vai tratar a posíbel participación de Galiza nos vindeiros Jogos da Lusofonia, que se han desenvolver en Lisboa o ano que vén.
Nestes Xogos participan as seleccións dos países lusófonos en oito modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, taekwondo, tenis de mesa, voleibol e volei praia. Esta cuarta saberase se Galiza ha tomar parte na próxima edición
A ver se é verdade !
A ver se entendemos que o nosso idioma galego-português serve também para relacionarm-nos com o mundo. Alguns ainda dim que com o galego nom se vai a ningures, que viva el "ezpaÑol", que los idiomas "están para endenderse, no para dividir"... e todas as parvadas às que estamos acostumados.
Pois bem, o galego tem a vantagem de que é internacional. Ou vai deixar de sê-lo porque em vez de escrever "carvalho" nos imponham "carballo" (segundo o ortografia españoleira").
Não acredito até o ver.
Noraboa a Sra directora xeral por intentalo. Sería un acontecemento realmente relevante, que fai país, que crea afinidade, que une pobos.
Supoño que, como outras veces, o Psoez xa se encargará de reventalo polas boas ou polas bravas.
Os "constitucionalistas" son uns auténticos corsarios.
Podía a Sra. Directora levar ao resto da equipa da Consellaría e preocuparse un pouco pola Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que tanto defenderon na anterior presentación e que agora parece que non lembran.
Ou é que esquecemos o "esencial" e andamos nos xogos...
Ah, tentar, isso sim. Tentarão estar. Ora, daí a estar...
Esses não "conseguem" isso nem "ghartos vino".
E não o digo pelos desportistas, hein!
Misturarnos los ghayeghos con los purtugheses? Onde se vió? Q verghuensa, nosotros te somos españeules.
Pois si que estaría ben. Ben para os nosos deportistas e para toda Galiza, que se daría a coñecer internacionalmente dentro do seu ámbito lingüístico natural.
Avante! Mas já se empregarão a fondo os do PSOE(G) e os do PP(G)para que assim não seja!!E Portugal seguindo "ovediente" as consignas de Madrid, lá vai tudo fora!! Em fim, aguardo que não seja assim, algúm dia Portugal terá que ser um Estado Soberano?
vanse cagar os brasileiros e portugueses!!! a gañar!!!!!!!
Adiante, caralho !!
E enviamos para o demo de vez a toda a "paletada ghayegha" do caralho !!!