Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
mensaxes de arrepentimento

Alcaldes do PPdeG recoñecen que criticaron o Consorcio por presións internas

Polo menos tres rexedores enviaron cartas a Vicepresidencia expresando as súas desculpas e gabando a súa xestión. O que máis eloxia a Quintana, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras.

Redacción - 14:00 11/05/2008

Polo menos tres dos oito alcaldes do PPdeG que criticaran o convenio das Galescolas elaborado por Vicepresidencia deron marcha atrás, após recibir as cartas que lles enviou Anxo Quintana esta semana rescindindo os acordos dos Concellos co seu departamento.

Estes tres alcaldes, segundo revela o xornal La Voz de Galicia, emitiron cadansúa carta a Quintana, recoñecendo e desmarcándose dos ataques da cúpula do PPdeG a Vicepresidencia, e comunicándolle, ao tempo, as súas arelas de seguir adiante co convenio entre os seus Concellos e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para xestionar as súas Galescolas.

Os rexedores sinalados son os de Vilamartín de Valdeorras, Manuel Candal; O Rosal, Jesús Fernándes; e Antas de Ulla, Javier Varela. Os tres asistiron, xunto cos alcaldes do Pino, Muíños, As Neves, Lousame e Riós, á conferencia de prensa na que o PPdeG acusaba a Vicepresidencia de estar disposta a "asfixiar economicamente" os Concellos que entren no Consorcio.

"Deféndoo como única persoa capaz de presidir os destinos de Galiza"
Nas súas misivas, os tres rexedores expresan as súas desculpas e mesmo chegan a gabar o labor do Consorcio e de Anxo Quintana. De entre eles destaca o arrepentimento de Manuel Candal, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, que mesmo lle confesa a Quintana que as súas "únicas e reiteradas opinións son de gabanzas e de agradecemento á súa política e a canto representa (...) Deféndoo como única persoa capaz de presidir os destinos de Galiza, culpando ao PP das súas responsabilidades e de non querer dar os pasos necesarios".

Velaquí as declaracións feitas a pasada sexta feira por Candal ao xornal La Región de Ourense:


4,88/5 (24 votos)

Comentarios (9)

lourentia #1 11/Maio/2008 lourentia

O vídeo é mundial

Atlantico #2 11/Maio/2008 Atlantico

E falou ben, se lle pagan por ser alcalde terá que defender as inversións no seu pobo, non facerlle o xogo a Fegamp por intereses partidarios do PP.

Aldara #3 11/Maio/2008 Aldara

Se son Quintana,fícholle este home ao PP e póñoo de contertulio en Hai Debate. Non quero a imaxinar a cara que deberon poñer Feijoo, Rueda e Baltar ao ver este vídeo. Do mellor que levo visto nos últimos anos. Galicia is different

outrolector #4 11/Maio/2008 outrolector

Impresionante. Magoa que este alcalde, coa fasquía de boa persoa que ten, non piase antes.

Pero non! Está claro, moito mellor así. Este home mira polos seus veciños, e miraría antes tamén. Se piara antes de seguro que os PPeros e os alcaldespromotores da FEGAMP xa o terían silenciado, ninguneado, criticado...sacado do medio, en definitiva.

¡Un dez para o alcalde Sr. Candal!

xosse #5 12/Maio/2008 xosse

Magoa que non haxa moitos coma él. O primeiro polo que ten que velar un alcalde é polo seu pobo, non polo seu partido. O problema -que noné exclusivo do PP- é que todos queren medrar e para medrar, xa sexa no PP, no PSOE ou no BNG, hai que lamber moitos cus, piar pouco e asentir sempre.

Quen sexa honrado e defenda a sua dignidade e principios non ten futuro algún na política. Seguramente o Sr. Candal se tivese 30 anos menos sería moito mais comedido. Ainda si FELICITACIÓNS pola súa valentía.

Atlantico #6 12/Maio/2008 Atlantico

Por certo, este alcalde xa estaba no posto cando Franco.

xosse #7 12/Maio/2008 xosse

Cando Franco moitos eran alcaldes ou concelleiros sen querer selo. Iso non quere dicer nada. Por exemplo, no meu pobo, unha das persoas mais insignes do BNG foi obrigado a ser concelleiro durante a dictadura. E quen decía que non?

Tino #8 12/Maio/2008 Tino

Isto é mundial: para poñelo en todos os foros de todos os xornais.

Mais ca nunca PPaifocos e PPapianas a moreas: o PP rebenta por todos os lados.

lugris #9 12/Maio/2008 lugris

É o millor video do ano.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: