Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Boa traxectoria na liga EBA

O Estudiantes Lugo consolida a canteira do Breogán

Desde a Fundación Breogán cualifican de "temporada histórica" o balance dos últimos meses.

Redacción - 11:25 14/05/2008

A dirección breoganista non escatima afagos para os mozos do Estudiantes. A fichaxe de xogadores "moi novos e con proxección de futuro", revelouse como unha boa estratexia reforzar os adestramentos do Leite Río Breogán e mesmo de faceren minutos "con garantías" na LEB Ouro, a categoría onde agora mesmo o Leite Río disputa o ascenso á ACB. Por este motivo, afirman que continuarán "fieis a esta filosofía de traballo" fundamentada no traballo de base e formación, tanto de xogadores como de técnicos e monitores deportivos que sustentan o ambicioso traballo que en categorías inferiores se promove da man da Fundación Balogal, estreitamente vinculada ao CB Breogán.

Así, o balance acumulado de 15 vitorias que rexistra o Estudiantes na categoría EBA non só é o mellor da súa historia, senón tamén un dos mellores de todos os equipos de canteira vencellados a equipos da ACB e a LEB Ouro. De feito, os lugueses xa foron quen de vencer fronte á que agora mesmo é considerada a canteira máis sólida, a do Pamesa Valencia, que suma 24 triunfos esta temporada. Os de Lugo gañaron sobre os novos do Pamesa no circuito sub 20, competición que ademais implicou unha ducia extra de partidos para os rapaces do Estudiantes.

Desde o Breogán destacan "o premio da confianza do adestrador Paco García no traballo dos xoves valores" que adestraron con regularidade durante a liga 2007-2008, e axudaron a esquecer as múltiples baixas sufridas polo primeiro equipo.


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: