Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
24 de maio

O 'Humor Neghro' traspasa fronteiras

A comedia protagonizada por Carlos Blanco e Manecas Costa estréase esta semana en Barcelona, tras gañarse o público galego e portugués

Redacción - 17:40 20/05/2008

Producida por Abada, Humor Neghro pon no escenario a cuestión da emigración e da inmigración en clave de humor e música. O humorista galego Carlos Blanco, xunto co guineano Manecas Costa serán os encargados de levar os seus propios textos, xunto cos doutros autores como Antón Reixa, Xosé Cid ou Zé Rui durante a xira, que o 24 de maio fai parada en Barcelona.

A obra parte de tópicos de "como nos vemos" ou "como nos ven", "como veñen e como viven entre nós", co fin de reflexionar sobre a situación dos inmigrantes e unir razas e culturas. A lusofonía é nesta obra un nexo de unión entre un humorista galego e un cantor centro-afriacano.


4.42/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: