Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Até o 25 de maio

As mozas do baloncesto estatal chegan a Compostela

A cidade acolle o Campionato Estatal Júnior feminino. O masculino desenvólvese en Almería.

Redacción - 12:39 20/05/2008

Esta terza feira comeza en Compostela, no Pavillón Municipal de Santa Isabel, o Campionato Estatal Júnior de baloncesto feminino. Os doce mellores equipos da categoría han loitar por suceder no trono ás galegas do Celta Vigourban. Os candidatos galegos: o Fundiciones Rey de Vilagarcía de Arousa e a Compañía de María de Vigo.

Participan catro grupos de tres equipos cada un. O cadro arousán hase enfrontar, por unha das dúas prazas que dan o pase aos cuartos de final, ao Majadahonda e ao Bera-Bera de Donosti, dúas das mellores canteiras do Estado. Debutan esta terza ás 16:30 horas contra as madrileñas.

Polo seu lado, a Compañía de María vaise enfrontar ao gran favorito ao título, o Caja Canarias de Las Palmas, e ao San Isidro. Comezan contra as canarias ás 18:30 horas. Ámbolos dous partidos son en Santa Isabel.

A competición
Grupo A:
1º CENTRO: Ciudad Ros Casares (Valencia)
2º ESTE: CBF Sarriá (Barcelona)
3º NORTE: Basket Mar Grupo (Xixón)

1ª xornada: terza feira, 20 de maio de 2008
10:00 horas, Ciudad Ros Casares 68 - CBF Sarriá 69

2ª xornada: cuarta feira, 21 de maio de 2008
10:00 horas, Ciudad Ros Casares - Basket Mar Grupo

3ª xornada: quinta feira, 22 de maio de 2008
10:00 horas, CBF Sarriá - Basket Mar Grupo

Grupo B:
1º ESTE: Helios Mann Filter (Zaragoza)
2º SUR: Uni Cajacanarias (Santa Cruz de Tenerife)
3º SUR: Oaxaca Antequera Guindos (Málaga)

1ª xornada: terza feira, 20 de maio de 2008
12:00 horas, Helios Mann Filter - Uni Cajacanarias

2ª xornada: cuarta feira, 21 de maio de 2008
12:00 horas, Helios Mann Filter - Oaxaca Antequera Guindos

3ª xornada: quinta feira, 22 de maio de 2008
12:00 horas, Uni Cajacanarias - Oaxaca Antequera Guindos

Grupo C:
1º NORTE: CD FF: Fundiciones Rey (Vilagarcía de Arousa)
2º CENTRO: CB Majadahonda (Majadahonda)
3º ESTE: Bera Bera RT (Donostia)

1ª xornada: terza feira, 20 de maio de 2008
16:30 horas, Fundiciones Rey - CB Majadahonda

2ª xornada: cuarta feira, 21 de maio de 20082008
16:30 horas, Fundiciones Rey - Bera Bera RT

3ª xornada: quinta feira, 22 de maio de 2008
16:30 horas, CB Majadahonda - Bera Bera RT

Grupo D:
1º SUR: GC La Caja Canarias (As Palmas de Gran Canaria)
1º NORTE: Cía. María de Vigo (Vigo)
4º NORTE: S. Isidro Covipro (Valladolid)

1ª xornada: terza feira, 20 de maio de 2008
18:30 horas, GC La Caja Canarias - Cía. María de Vigo

2ª xornada: cuarta feira, 21 de maio de 2008
18:30 horas, GC La Caja Canarias - S. Isidro Covipro

3ª xornada: quinta feira, 22 de maio de 2008
18:30 horas, Cía. María de Vigo - S. Isidro Covipro


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: