Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
“INDIANA JONES” NON SE ESTREARÁ NA NOSA LINGUA

Cando menos dez filmes "de éxito" deberían verterse ao galego

A Mesa e a asociación de profesionais da dobraxe de Galicia exixen á Xunta o cumprimento da lei do cinema.

Redacción - 19:35 22/05/2008

A Mocidade pola Normalización Lingüística e APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galiza) exixiron á Xunta esta mañá a garantía da presenza do galego no cinema a través da creación dun Servizo Galego de Dobraxe e Lexendaxe,así como o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, nomeadamente da estrea mínima de dez películas anuais nesta lingua.

Fran Rei, responsábel nacional da Mocidade, e Antón Rubal, vicepresidente de APRADOGA, entregaron o escrito dirixido á Secretaria Xeral de Política Lingüística (SXPL), Marisol López, coincidindo coa estrea este serán de "Indiana Jones e o reino da caveira de cristal". A Mocidade, como xa manifestara o pasado febreiro, lamentou que a SXPL desaproveitase o éxito previsíbel deste filme para promocionar a lingua, que segundo APRADOGA, tería tan só un custo do 0,30% do orzamento anual desta Secretaría.

"Indiana Jones e a dobraxe prohibida" é o título da campaña que están a levar a cabo as dúas asociacións para achegaren á cidadanía o problema da carencia de cinema en galego do filme (que si será estreado en catalán e español). Para isto, A Mocidade e APRADOGA distribuirán 8000 adhesivos e 3000 cartaces con este lema, ademais de convidaren ao envío de correos electrónicos de denuncia ao Presidente da Xunta (presidencia@xunta.es), de quen dependen a SXPL e a Secretaría Xeral de Comunicación, con competencias no audiovisual galego.


4,64/5 (11 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 23/Maio/2008 Gaviotero

Toma totalitarismo e imposición. Vale, las doblamos al gallego y luego como con las dobladas al catalán, que no las va a ver nadie, salvo que el gobierno de turno "llene" las salas subvencionando las entradas con dinero público.

BonKarallan #2 23/Maio/2008 BonKarallan

Os alimentos en galego non os compras. As películas en galego non as ves.

Entón que fas lendo en galego nestas páxinas?

A ver se che vas a contaminar, agora que Rajoy está só, con Fraga e Gallardón.

LOIS_DE_SILAN #3 23/Maio/2008 LOIS_DE_SILAN

Na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa coma en ... na súa. E os aspectos económicos deste principio reitor tócalle xestionalos ó espazo económico supraestatal no que estamos integrados (UE).

O que non é de recibo évos que pretendamos competir con cartos da SXPL, con cartos dos galegos, en condicións de libre mercado co castelán na situación actual.

A quen queira distribuir os seus produtos no espazo económico da UE débeselle impor o respecto dos dereitos lingüísticos: na Galiza polo menos en galego, en Castela polo menos en castelán, etc.

Ah!, o Plan Xeral de Normalización Lingüística é, con clareza, anticonstitucional.

Dogma #4 24/Maio/2008 Dogma

Para Gavi....

POR lei española.... o 100% dos manuais dos equipos electronicos vendidos en españa deben ter a sua traducción ao CASTELAN...

""""Toma totalitarismo e imposición (NON 10 PANFLETOS AO ANO, SENON TODOS). ¿Vale?, ¿porque non en galego e tamén en catalan?, que total... O LIBRO DE INSTRUCCIÓNS NON O LEE NINGUEN, salvo que salvo que os pailans de turno empecen a ter algo de cultura e derepente deanse conta que ese libro está por algo.""""

HA HA HA.. Gaviño noso... como nos pones ha ha ha.... e xa que estas en contra destas imposicións eu creo que deberias de empezar por ahi ¿non?, porque que son 10 peliculas ao ano, en comparación cos miles de manuais que se teñen que escribir ao ano???, asi que animote a poñerte en contacto con Zapatero e decirlle que é un facha impositor e que non hai dereito a que se force a ninguen a traducir nada a outra lingua se este non quere...

Gaviño.... SORTE...

Chardella #5 24/Maio/2008 Chardella

Eu atopo moi relaxante a dobraxe en galego. Creo que son moito mellor dobradores e interpretes, especialmente as mulleres porque en castelán todas elas non falan, saloucan, o que que resultan moi pouco natural. Acho magnífico que os profesionais galegos da dobraxe demanden que se cumpra esa ratio porque así fortalecemos esa industria. Os dobradores galegos poden dobrar en galego, en castelán e contratando a portugueses, tamén en portugués. Non me negaredes que así seriamos unha potencia mundial. Non esquezamos que detrás dos dobradores hai técnicos de son, directores, tradutores e un longo etcétera de profesionais altamente cualificados.
Son moitos os exemplos recoñecidos pola xente que amosan que as dobraxes en galego son moito mellores agora que podemos contrastar o que se pasa pola galega e por outras canles (todas elas en castelán)
Unha vez máis o galego constrúe país, economía e cualificación profesional. Simple. Quen non o queira ver é un simple, que é outra acepción da palabra.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: