O ano pasado a marca deportiva decidiu rescindir o contrato co xogador logo de que este publicase un artigo sobre De Juana Chaos.
Oleguer, acompañado polo seu avogado
Un Xulgado de Elxe estimou a demanda por incumprimento de contrato presentada polo defensa do FC Barcelona, Oleguer Presas, na primavera de 2007 contra a empresa de roupa deportiva Kelme.
A empresa teralle que pagar ao futbolista unha indemnización de 49.608,58 euros, así como as posteriores contraprestacións xeradas até a rescisión do acordo de patrocinio, aínda que ten a posibilidade de recorrer a sentenza ante a Audiencia Provincial.
Kelme e Oleguer asinaron en xuño de 2004 un acordo de promoción polo cal o xogador cobraría unha serie de cantidades en función do número de encontros disputados.
O 8 de febreiro de 2007 o defensa barcelonista recibiu un burofax da compañía onde se lle comunicaba a decisión de Kelme de rescindir de xeito unilateral o acordo pola repercusión social dos seus posicionamentos políticos.
"Manifestación de ideas políticas"
O xogador publicara un artigo sobre a situación de De Juana Chaos, onde poñía en dúbida o funcionamento do Estado de Dereito, o poder político e a independencia dos xuíces.
A xuíz estima que non consta en autos que "o demandante realice manifestacións en defensa da acción terrorista de De Juana, senón que tan só se sitúa en relación á súa posíbel liberdade como consecuencia da súa folga de fame".
Ademais, no xuízo, quedou acreditado que Presas, tempo antes de asinar o contrato con Kelme, expresara con frecuencia a súa posición ideolóxica. "Parece un contrasenso pretender unha rescisión do contrato, precisamente por facer unha nova manifestación das súas ideas políticas", di a xuíz.
As veces ata te congratulas con algunha decisión xudicial. A ver que pasa nunha posible apelación.Ben por Oleguer (rara avis nese mundo do futbol), tanto polo seu artigo como por non deixarse tomar o pelo por esta empresa "tan española".
Pois a repercusión social dos posicionamentos políticos de Kelme tamén foi ben outa,e tanto, mais o xogador non rescindíu o contrato.
Estaba, pois, no contrato. O xuízo sería noutro "país", ou hai xuizas de este calibre no €€?
Oleguer tiene que intentar destacar por algo...porque como jugador de futbol más bien poquito.
xa, se fora desa dereita casposa que tanto abandeiras xa estarías co leixaprén de nacis, totalitarios,... e caralladas desas..