Os conservadores están convencidos de que os enfrontamentos internos poden pasarlle unha forte factura nos vindeiros comicios autonómicos.
O PPdeG apoia unanimemente a Mariano Rajoy, iso é polo menos a mensaxe que se quere transmitir aos medios. O presidente dos conservadores galegos, Alberto Núñez Feijoo, está a pechar filas arredor do foi o seu mentor político. O denominado "sector duro" nucleado arredor de Esperanza Aguirre, Jaime Mayor Oreja, María San Gil e numerosos altos cargos dos gobernos Aznar, mantén o pulso para cortarlle a cabeza a Rajoy e queimar de paso as cartas nas que se apoia, nomeadamente o Alcalde de Madrid, Alberto Ruíz-Gallardón.
Fontes do PPdeG recoñecen que a "guerra civil" que vive o PP a nivel estatal pode influir, e moito, en Galiza. Nas filas conservadoras galegas dáse por feito que, de cara o futuro, Rajoy está “moi tocado” e, comezando polo seu propio líder, arelan un PP español onde Ruíz-Gallardón teña un peso específico.
Xornais como El Mundo ou a emisora radiofónica Cope, disparan sen tregua contra Mariano Rajoy e contra todos aqueles que o apoian publicamente, incluído o fundador da formación conservadora, Manuel Fraga. Esta actitude está a sorprender a algúns dirixentes do PPdeG, que lembran que a cadea de radio depende directamente da Conferencia Espicopal, que dirixe Rouco Varela. O feito de que o cardeal vilalbés e o ex presidente da Xunta compartan "patria pequena" e que incluso mantivesen unha estreita relación ao longo dos anos semella servir de pouco. Dende a súa chegada a Madrid, Rouco Varela mostrou a súa simpatía cara os sectores máis "aznaristas”.
"Os militantes están preocupados"
A grave crise que abanea o PP a nivel estatal está a inquietar ás bases da dereita galega. Un alcalde da provincia da Coruña recoñece que o que está a acontecer en Madrid está a desanimar as bases galegas: "Os militantes están preocupados porque lles parece que isto se vai desfacer todo”. Outras fontes conservadoras sinalan que os enfrontamentos van pasar factura nas vindeiras eleccións autonómicas e dan por feita unha importante caída no número de deputados.
Precisamente, as eleccións galegas, que a priori se agardan para a vindeira primavera, van ser unha dura proba de lume tamén a nivel do PP español. Os críticos dan por feita unha seria derrota dos de Núñez Feijoo, factura que non dubidarán en pasarlle a Mariano Rajoy, se para daquela o pontevedrés non ten tirado a toalla.
O PP sempre intentou transmitir unha imaxe de unidade de cara aos seus votantes. Cando os da boina e os do birrete (o señor Rajoy tamén) andaban a coiteladas hai uns anos intentaban dicir que non pasaba nada. Pero o que está pasando agora en Madrid é unha auténtica carnicería política. ¿Alguén dubida que o futuro de Feijóo vai ir ligado ao do seu compadre pontevedrés? ¿E se hai un carallazo electoral nas galegas non se vai revolver ninguién contra Feijóo?
Temos matrimonio Touri-Quin catro anos máis, eso sábeo ata o último concellal do PP
O PP tem um preto futuro na Galiza, de ganhar por quase maioria absoluta a ser-se segundo com segurança!! Avante Galiza, esta é a tua!! Fachas ao caralho!
Eu vexo unha cousa clara, como a Espe acade o poder no PP, os da boina vanse largar pitando a fundar outro partido. A imaxe mais facha do PP non lle beneficia en nada ao PPdeG que sempre foi de sucursal do PP, pero con "matices", na etapa Fraga. Despois do Prestige din que manter iso, e as culpas que lle votaba Fraga a Aznar por todo o balbordo que se montou co do petroleiro, dende aquelas non se poden nin ver, de feito un apoia a Espe e o outro a Raxoi.
Crédeme, todo isto é bo de cara ao vindeiro estatuto de NACIÓN, todo o que está a pasar non pode ser mais bo para este país.
Coincido con Anti_Lusista, se o PP leva un pau nas eleccións van ter que volver a estudar a súa estratexia. Un PP por debaixo dos 30 deputados tradúcese en vía libre para unha reforma estatutaria (e supoño que nunha dor de cabeza para moitos do PSOE)
A min dame medo un Psoe por diante do PP, que queredes que vos diga. Pode intentar facer goberno en minoría, e nese caso nin estatuto de nación nin farrapo de gaita. Para o avance do país o único que vale é a forza do nacionalismo, do BNG porque outro non hai.
A miña opinión:
Esperanza Aguirre tira a pedra e esconde a man, ou sexa, di que non se presenta como alternativa, porque non quere ser alternativa, quere ser ela soa. Ou sexa, entre todos, queren facerlle a cama a Rajoy para que dimita e deixe camiño libre sen oposición a Esperanza Aguirre.
Fraga aférrase a Rajoy e apoia a Gallardón. Este órdago ou o gaña Rajoy ou se van a tomar polo cu e xa poden irse a fundar outro partido de centro (Gallardón),a la dereita(Fraga) e ao fondo (Rajoy), porque os fascistas con Aznar detrás, e con Espe, San Gil e Acebes diante, faránse co poder do PP.
Hai outra alternativa que non está nin con Rajoy nin con Aznar e é Rato, e espera a que se dean de ostias as dúas partes e destrúanse para facerse él co poder. Pero non ten présa e a súa estratexia é para un prazo máis longo.
Estas cousas tamén ocorreron no PSOE. Só hai que lembrar aos felipistas e aos guerristas e ata que saíu Zapatero e consolidouse non houbo "unión". Pero lle volverá a pasar, porque nos partidos hai persoas, e xa que logo, ambicións de poder.
O matrimonio Touriño-Quin é de conveniencia e se nalgún momento o PSdeG ten a maioría absoluta, divorciarase de Quin.
Eu antes de facer as contas da leiteira baseándome na crise dos demais e do PP en particular estaría moi preocupado de aproveitar este interesante e intenso momento para amosarlle á cidadanía que o nacionalismo é útil e conveniente para Galicia facendo cousas e facéndoas ben. Calquera erro ten sido e será utilizado pola prensa para esnaquizar o BNG ou calquera outra forza galeguista (oxalá haxa moitas máis). Alguén dixo que como nos partidos hai persoas hai loita polo poder eu ademais engado que porque hai persoas hai moita mediocridade, moita xente que non está á altura das reponsabilidades delegadas e iso nun partido que non ten a prensa para escribirlle os discursos, para maquillarlle a realidade ou para ocultar a súa ineficacia é fatal.
Unha vez que o PP se reorganice volverá a poñer a súa maquinaria a traballar...
O grupo máis ultra, o de Esperanza, ten o apoio do predicador da Cope, enton será o que gañe, son os que lles comen o tarro os vellos polas mañas.
>>> #2 Galezio
>>> (...) Avante Galiza, esta é a tua!! Fachas ao caralho!
Se que Galiza vaia avante ou recúe vai depender de como lle vaia ao PP e mais aos fachas, levámola clara.
>>> #5 surenho
>>> A min dame medo un Psoe por diante do PP...
Concordo 200%. Xa doe imaxinalo. Comezaría a "idade da Secta"...
Confío nos vasos comunicantes PP > Nacionalismo.
Haino que seguir facendo ben, con moi boa letra, e sen esquecer poñer
no exame nome, apelidos, NIF, certificado dixital, e algo de
material xenético, que os da secta sonvos moi dispostos para saír
na foto e nos créditos.
>>> #6 Barcelos
"ou se van a tomar polo cu" --> "ou se van tomar polo cu"
"ata que saíu Zapatero e consolidouse..." --> "e se consolidou..."
"de ostias as dúas partes e destrúanse para..." ---> "e se destrúan para..."
"a la dereita(Fraga) e ao fondo (Rajoy)" --> "á dereita..."
"O matrimonio Touriño-Quin é de conveniencia..." --> "No fondo do mar haivos moita humidade..."
Who is afraid of PP/PSOE regarding Galician language?
Barcelos, temos que ler máis (aos clásicos, claro).
Xa apareceu o "listín" de Vieiros. O talibán da lingua galega auténtica e verdadeira.
Se é profesor, calquera che aguanta en clase, co pedante que é.
Xa retrucou o "valedor do castrapo" de Vieiros. O talibán do "todo vale" e do "tanto me ten se me suena maismenosbien".
Se é filólogo, seguro que é o que lle dá pasantía a Touriño.
Os "BonsKaralhans" de turno indignam-me não por suas opinies, seno porque este gajos quando escrevem em "espanholo" que bem o fazem, esforçam-se que dá gosto!! Mas quando o galego é o assunto, que mais da, se é uma caralhada...Vós sim que sodes uma caralhada...Se não sabedes escrever melhor, limitade-vos a fazê-lo com ignorância, mas não por acima vos permitades "chulerias" "castellaneras", hostia!!
Bom, escusas pelo meu "teclado" que é chinês e sempre ficam letras por imprimir ainda que as tenha dado!!
Aí falaches
TENHO TANTO MEDO DO PP COMO DO PSOE, SE AGORA O PSOE FAI O QUE LLE PETA CO BNG. NON QUERO PENSAR O QUE FARA DEPOIS COMO PRIMEIRA FORçA
Tómovos a palabra. Prometo non volver ata setembro.
Pero vos deixo esta xoia da coroa para que vos rías un intre e invítovos a un control.
http://es.youtube...
Tómovos a palabra. Prometo non volver ata setembro.
Pero vos deixo esta xoia da coroa para que vos rías un intre e invítovos a un control.
http://es.youtube...
http://www.losgenoveses.net/Ra...
Ata setembro Bonka. Estuda moito.
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral