Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O conservador Boris Johnson

O novo alcalde de Londres evita renovar o acordo petroleiro con Venezuela

O convenio, asinado polo seu antecesor, Ken Livingstone, permitiu ofrecer descontos no billete de bus a 250 mil persoas con baixos ingresos.

Redacción - 20:15 26/05/2008
Boris Johnson

Boris Johnson

O novo alcalde de Londres, o conservador Boris Johnson, anunciou este domingo nun comunicado que non renovará o acordo asinado polo seu antecesor, Ken Livingstone, con Venezuela en 2007.

O convenio, que finaliza o vindeiro 20 de agosto, estabelecía que o país sudamericano subministrase combustíbel a un prezo reducido para ser usado nos buses públicos da cidade, e en contrapartida estes portarían publicidade venezolana. Ademais, técnicos londinenses prestarían o seu coñecemento na xestión de lixo.

Ao redor de 250.000 persoas con baixos ingresos beneficiáronse deste convenio o ano pasado, xa que obtiñan rebaixas do 50% no prezo do billete. Todo indica que coa finalización unilateral do acordo, rematarán tamén as axudas do concello.

"Coido que moitos londinienses se sentiron incómodos con esta operación, onde un país con pobres extremos subvencionase unha das capitais financeiras do mundo", sinalou Johnson, que asegurou ademais que mantería a rebaixa no prezo do bus até a data da fin do contrato.


5/5 (1 votos)

Comentarios (3)

COUTOVEN #1 28/Maio/2008 COUTOVEN

Pouco acertado Boris Johnson. Perdeu a oportunidade de demostrar que a entrega deste combustible non pretendía axudar aos pobres de Londres senón para a promoción internacional de Chávez. É lóxico que pense que non é correcto que un país cos problemas de pobreza que ten Venezuela financie a unha metrópolis como Londres. Pero, certamente hai persoas que se beneficiaban. O triste é que esta axuda, que seguro seria retirada por Chávez demostrado a súa calaña manipuladora. Simplemente será destinada para financiar guerrilleiros en Colombia, políticos en Arxentina e Bolivia, etc.

Gaviotero #2 30/Maio/2008 Gaviotero

Hace bien. Con regímenes tiranos ni agua. Así que de petróleo ya ni hablamos...

xacataca #3 31/Maio/2008 xacataca

Isto xa parece a Parada dos Monstros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: