A Asemblea Constituínte reúnese dende a mañá (hora galega) desta cuarta feira, nunha sesión histórica que lle porá fin a 240 anos de monarquía.
Gyanendra, o rei
Os membros electos da Asemblea Constituínte reúnense esta cuarta feira por vez primeira nunha sesión histórica en que está previsto que se proclame a república en Nepal, poñendo fin a 240 anos de Monarquía. Dende ese momento, o rei Gyanendra disporá de quince días para abandonar o Palacio Real de Narayanhity.
A sesión estaba prevista para as 7.15 horas (hora galega) mais pospúxose para as 11.15 horas. Os desacordos que aínda persisten entre os maoístas, partido maioritario na Asemblea, e outros grandes partidos asinantes do acordo de paz son os causantes da demora.
Á espera do resultado da sesión, un milleiro de persoas congrégase nas proximidades da Asemblea, informan as axencias internacionais, malia que a Policía prohibiu as manifestacións.
Dous explosivos de pouca potencia estouraron esta mesma xornada e un outro o martes, provocando tres feridos. Grupos hindús e monárquicos poderían ser os responsábeis, xa que están a levar a cabo unha violenta campaña contra a perda do seu status diferenciado e oficial.
Viva o Nepal. Pola nepalización da GZ!
Nepal dando exemplo de como eliminar cargos innecesarios e onerosos, a ver se aprenden por aqui.
Home, tamén debeu influír que o rei ese era un asasino a cara descuberta. De comunistas, claro, por iso non adoitaba saír Nepal nos medios de comunicación.
Na transición tamén houbo moitos asesinatos, curiosamente a cabeza máxima de España naquela epoca era o Rei, antes das eleccións de 1978.
Vou aforrar-lhe a gavioterto a sua intervfençom "esta te es otra manipulación de los del bloque"
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
é umha pena que marche um tipo que tem umha lámpada de chapeu....xDDDDDDDD