Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Por carecer de "informes vinculantes"

A Xunta recorre a licenza de obra dos edificios previstos fronte ao Parque de Lugo

Os servizos xurídicos do Goberno presentaron o recurso o pasado 22 de maio a instancias de Cultura.

Redacción - 18:50 06/06/2008

Segundo publica este venres o diario El Progreso, os servizos xurídicos da Xunta -a instancias da Consellería de Cultura- presentaron o pasado 22 de maio un recurso contencioso administrativo contra a licenza de obra da urbanización prevista ao carón do Parque de Rosalía de Castro.

A xunta de goberno do Concello de Lugo, que preside Xosé Clemente López Orozco, aprobou o 26 de marzo o permiso para iniciar a construción da primeira fase do proxecto, e case dous meses despois presentábase o recurso por vía de urxencia no xulgado do contencioso-administrativo da cidade.

No entanto, segundo explica o diario lucense, o informe emitido polos servizos xurídicos aínda ten que ser revisado polo Consello da Xunta. O motivo da actuación por parte do departamento que dirixe Ánxela Bugallo é que o proxecto de edificación non conta cos "informes vinculantes" de Cultura, imprescindíbeis para autorizar as obras.

Termas e antigo sanatorio
Isto é debido a que a parcela onde está previsto que se levante a urbanización, composta por seis bloques de vivendas, está ao carón dun edificio protexido, o antigo sanatorio García Portela, e dentro da área de influencia das termas romanas, sinalan dende Cultura.

A Asociación pola Defensa do Parque Rosalía, que forma parte do colectivo Galiza Non Se Vende, leva presentadas no rexistro municipal do Concello de Lugo máis de 12 mil sinaturas en contra da construción das torres.


4,11/5 (9 votos)

Comentarios (4)

borneira #1 6/Xuño/2008 borneira

É esta a capacidade coercitiva da Xunta? recorrer á xustiza ordinaria?
Cheira a acción cara á galería, no caso de que nos atoparamos cos feitos consumados, quén restituiría o estado actual?

mceleiro #2 6/Xuño/2008 mceleiro

Uhhh, que medo!. Orozco e companhia estão cagadinhos, hahahaha.

Bem pola Ângela, demostrando uma vez mais que a sua conselharia só serve para organizar pachangas.

charino #3 8/Xuño/2008 charino

E para que queremos vistas. O importante son os pisos. Frai Orozco ben o sabe; as vistas non dan cartos e os pisos sí. Un nabo para o noso untuoso alcalde.

Maeloc-do-Rouco #4 8/Xuño/2008 Maeloc-do-Rouco

De verdade paga a pena diferenzar entre a miseria politiqueira, autoritaria e populista deste ORROROZCO e a do o sr Ca(cique)charro?? U-la verdadeira regenerazom que compria no que hoje e a provincia de Lugo (e por extenssom a tuda Galiza, ja que o Louzam, o Pacochet ou o Baltar som da mesma "corda" caudillista)??

Da-lhe Orrorozco da-lhe que pra voce semelha que os votos som o unico que contam...Se a politica e fazer posibel o que e necesario velai temos ao ORROROZCO optando engrazado polas velhas e rendibeis tactiquinhas da miseria...Noxento

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: