Un ouro en Beixín consagraríao definitivamente como unha lenda do deporte nacional e internacional.
O ferrolán Xavier Gómez Noya conseguiu este domingo en Vancouver (Canadá) o seu primeiro Campionato do Mundo, converténdose no segundo galego en facelo tras o ordense Iván Raña. O gañador de 2004, Bevan Docherty, foi finalmente segundo e o suízo Reto Hug, terceiro.
O ferrolán comezou ben a carreira deste domingo. Saíu segundo da auga só superado polo canadense Simon Whitfield. Xa na bicicleta, Gómez Noya mantívose no pelotón de cabeza, formado por 50 corredores, co resto de favoritos, entre estes o campión europeo, o francés Frederic Belaubre. O resto de participantes foron perdendo tempo a medida que avanzaba o percorrido.
Unha vez chegaron ás rúas de Vancouver, o xa campión do mundo aínda non contaba cunha vantaxe clara, mais logo de tres voltas algúns dos candidatos a gañar a proba (Gómez Noya, Whitfield e Docherty) destacáronse.
Beixín, o último reto
A partir de aí, o ferrolán impuxo a súa superioridade, e a carreira converteuse nun paseo para gozar do seu primeiro campionato mundial. Gómez Noya é o primeiro atleta da historia en gañar a Copa do Mundo en categoría absoluta e en sub23.
Deste xeito, conquista un título que se lle escapou o ano pasado no sprint, e logo de que xa vencera anteriormente na BG Copa do Mundo e no Europeo, un ouro en Beixín elevaríao definitivamente ao Olimpo do deporte galego e internacional.
¡Jajajaja! ¡Qué cachondos los redactores de Vieiros! Vaya unos equilibrios que han tenido que hacer para evitar la narración de la realidad, que no es otra que un gran triunfo de Gómez Noya para ESPAÑA.
Sí, sí, España, porque esa y no otra es la selección que representa Gómez Noya. Ni triunfo "jalejo" ni "internacional". Simple y llanamente, un gran triunfo del deporte ESPAÑOL.
Gaviotero,pesado,gustaríame que algún dia argumentases algo (se eres capaz) en vez de insultar a tódolos lectores de vieiros cs teus ja ja ja. Gustaríame que me dixeses que pensas das polítcias do governo tanto galego coma espanhol,que solucións propós á subida do crú..etc
Pero claro,non sabes,non das.
Bicos teira
Parabens a Xavier Gomes Noia pola sua vitória no Mundial de Triatlo, a Ivam Ranha polo seu 19º posto (demostra que segue na elite mundial do triatlo) e a Aida Valinho polo seu meritório 12º no mundial sub-23.
Estes resultados demostram, mais umha vez, que GALIZA é umha potência mundial no triatlo, e que estes/as desportistas galegos/as unica e exclusivamente compitem com a selecçom do Estado pola intransigência dos espanhois que negam os nossos direitos nacionais para poder representar a NOSSA SELECÇOM: GALIZA.
Mesmo estes triatletas galegos som favoráveis ao reconhecimento da oficialidade das SELECÇONS NACIONAIS GALEGAS.
Stop racismo! Stop discriminaçom! Viva Galiza Livre!