Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ditame do Parlamento vasco

Euskadi sinala a Fraga "responsábel político" dos asasinatos de Gasteiz en 1976

A comisión especial da cámara vasca declara a varios ministros da época "responsábeis" da matanza dos traballadores.

Redacción / EP - 17:40 12/06/2008

O grupo especial do Parlamento vasco traballou fundamentalmente baseándose nas investigacións de diversos historiadores. O estudo pechado polos deputados nega a versión oficial que naquel momento trasladou a policía sobre a contestación á presunta agresión dos traballadores que celebraban unha asemblea na Igrexa de Los Ángeles.

O Parlamento vasco entende que se realizou un uso "irresponsábel e homicida de armas de fogo para responder a un problema de orde pública e orixe laboral". Ao fío estabelece que do acontecido "dimana a existencia evidente de responsabilidades políticas" dos que entón eran ministros de Interior, Manuel Fraga; de Relacións Sindicais, Rodolfo Martín Villa; e de Presidencia, Alfonso Osorio.

Atendendo aos datos analizados, o informe conclúe que "non se sostén a versión de que os obreiros ían armados de ningún tipo de recurso e só se pode acreditar que usaron improvisadamente o que había nas inmediacións (pedras, paus ou ladrillos) coa intención de atraer a atención da policía e posibilitar a saída dos traballadores da Igrexa". Ademais, indícase que é" constatábel" que a policía armada botou man das súas armas contra os obreiros, malia que se admite que non foi posíbel determinar "se existiu ou non un plan preestabelecido para que as forzas policiais impedisen a celebración da asemblea "e para que o fixesen coa violencia finalmente empregada".

O traballo da comisión foi promovido pola cámara vasca en febreiro de 2007, cando alén da constitución da comisión se lle instou ao goberno español a recoñecer todas as vítimas do suceso do 3 de marzo de 1976, incluídos os feridos e os encarcerados. Do consenso dos grupos parlamentarios só se saen PP e EHAK, aínda que por motivos diferentes. Así, os populares din que se fai "utilización sesgada" do acontecido hai 32 anos, mentres que desde EHAK consideran que o ditame queda curto e "non atende suficientemente ás vítimas do masacre".


5/5 (18 votos)

Comentarios (14)

casdeiro #1 12/Xuño/2008 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.vieiros.com/nova/64... pero Fraga ao final compareceu ou non??

Albert #2 12/Xuño/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enterámonos agora de que Fraga é un dos reponsables...

Gaviotero #3 12/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El PNV es responsable político de la inacción en relación al terrorismo de ETA y al hostigamiento que a diario sufren las víctimas del terrorismo. Que unos malnacidos vengan ahora con estas mamarrachadas le va a dar la risa a Fraga. Con la de terroristas que tienen a su alrededor para detener y se ponen a repasar la historia del siglo pasado...igual es precisamente por eso, porque una vez más no quieren detenerlos.

maleiro #4 12/Xuño/2008 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que é unha inxustiza que Fraga non sexa castigado polo que fixo.
Quero pensar que iste home non é un galego nado en Galiza.
Debería estar no cárcere fai anos...Julián Grimau etc. etc.
E PENSAR QUE TÉN UN SOLDO E UN COCHE OFICIAL!

Lead_bocas #5 13/Xuño/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver que medidas toma Garzón contra o Senador Vitalicio Español.
A ver que di Carla del Ponte...

Todo atado e ben atado... terrorismo de estado...

simplementeego #6 13/Xuño/2008 simplementeego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non se trata só de Fraga. Son todos os que quedaron impunes dos seus crimes, que cobraron super pensións de guerra e demáis polos seus servizos " a la patria". IMPUNES TODOS. mentres uns apodrecen na cuneta, os outros morreron no exilio, torturados.. o estado español é o único no que tras o fin dun rexime fascista non reparou a memoria dos mortos, non recoñeceu os crimes, non igualou aos bandos con prestacións semellantes.. Non! na segunda restauración borbónica non houbo nada diso, segue a haber vencedores e vencidos. Da igual que digan q fraga é ou non culpable, porque un pais enteiro foi queimado e arrasado e a ninguén lle importa. Milleiros de persoas condenadas o olvido. Q dirían no mundo se pasase hoxe cos xudeus do holocausto? Hai outro caso semllante: o da nación negra asasinada polo kukuxklan nos USA.

A XUTIZA E UNHA CASA DE PUTAS Q VE DEMÁIS

Dogma #7 14/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que isto está mais que superado pola conciencia de Euskadi, pero faise ben en recordar todo aquelo, agora tamen terian que recordar outras cousas mais grabes a dia de hoxe, (Fraga gracias a deus xa non pinta un carallo, e as posibles penas que lle deberian ter caido nn as vai a ter nunca).
A parte de isto polo que vexo a GAVI soio lle falta decir que o 11M foi polo PNV, pero bueno tontos ao rio.

Dogma #8 14/Xuño/2008 Dogma
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavi.. Para que sepas o que é o teu idolo:

http://www.nodo50.org/foroporl...

E para os que o queran pasar ben leendo a historia B de Don Manuel lles recomendo:
http://www.nodo50.org/foroporl...

Se queredes un adianto :
"""Una persona que se identificó como periodista interrogó abiertamente al invitado si no era cierto que, por motivos de maquillaje curricular, había falseado su biografía, al menos, en lo referente a su genealogía más inmediata. Ante la extrañeza del locutor por la pregunta, el oyente aclaró: “Lo digo porque es vox populi que la madre de Fraga Iribarne, en su juventud, trabajó de sirvienta en la mansión vizcaína de los Ybarra, quedando embarazada de su amo y señor, por lo que, para evitar el escándalo, el oligarca pagó a un tal Fraga, un gallego emigrante en Cuba, para que se casara con la muchachita vasca y ejerciera de padre putativo del lustroso bebé al que llamaron Manolito, corriendo él con los gastos de la excelente formación que recibió, y a la que, de otro modo, no hubiera tenido acceso"."""

Gaviotero #9 14/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Me basta con saber que Fraga fue simplemente Ministro de Información y Turismo y que a pesar de las leyendas urbanas creadas por los nazis según las cuales Fraga habría firmado no sé qué penas de muerte, creo que políticamente es mucho más digno e inocente de cualquier injusticia que cualquier político nacionalista. Y eso que Fraga me gusta más bien poco.

mceleiro #10 14/Xuño/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Já sabemos, gavi.

A ti a velha escola "no te mola". Melhor a corrente Opus Dei. Centristas e tal.

chegaliza #11 15/Xuño/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

fraga é o último gobernente fascista de europa. ocupando na actualidade un cargo público, non só non renucia ao seu pasado como ministro de franco, defendendo a pinochet, coas súas críticas ao proceso contra o gal, ou cando propón en 1986 unha nova marcha sobre gasteiz, ou lanzando ironias reaccionarias contra a revindicación feminina, fraga non fai senón comprometer a institución que preside

Gaviotero #12 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No, chegaliza. Fraga no es el último gobernante fascista de Europa. Tenemos ilustres fascistas hoy en día como Anxo Quintana, Ibarreche o Carod Rovira. Y se me ocurren varios más. Pero de momento ya puedes ir apuntando estos. Tampoco algunos dirigentes de ERC, como Puigcercós o Xavier Vendrell, por ponerte dos ejemplos, renuncian a su pasado terrorista y parece que eso no os molesta demasiado.

Además, os pasáis el día alabando y ensalzando a terroristas como el Che Guevara o a racistas como Sabino Arana...empezad a mirar la viga en el ojo propio antes de criticar el ajeno.

¡¡¡VIVA ESPAÑA!!! ¡¡¡ABAJO EL TERRORISMO NACIONALISTA VASCO!!!

noela #13 16/Xuño/2008 noela
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por que o Gaviotero este sempre anda por aquí a dicir parvadas?! Hai veces nas que é mellor estar caladinho, meu...

chegaliza #14 17/Xuño/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Haber señor gavi outeiro xa que es tan ben economista, explica por que co goberno fraga en 16 anos seguimos sendo rexión pobre da comunidade europea e Irlanda no mesmo período pasou de ser rexión pobre a ser unha das rexións máis ricas da comunidade Europea, sen ter que pedir as axudas dos fondo europeos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: