Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xuntanza en Poblet

Escritores cataláns, vascos e galegos formalizan a Federación Galeusca

Funcionará como instrumento xurídico de coordinación e acción conxunta.

Redacción - 20:00 15/06/2008

A constitución desta federación coincide coa celebración do 25 aniversario do Galeusca, un encontro anual creado para estabelecer relacións entre os creadores literarios en galego, éuscaro e catalán.

O acto oficial de creación da Federación Galeusca celebrouse este domingo na localidade de Poblet, en Tarragona, coa participación das asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns. En representación de Galiza asistiron o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias e a secretaria xeral, Mercedes Queixas.

Os obxectivos: fomentar as respectivas linguas, axudar á investigación e formación dos membros a través da organización de congresos, seminarios e outras actividades, realizar estudos e traballos de divulgación sobre temas diversos e coordinar accións para lograr "maior eficacia na defensa dos dereitos profesionais" dos escritores.


5/5 (5 votos)

Comentarios (4)

Gaviotero #1 16/Xuño/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seguimos con las reuniones de amiguetes nacionalistas catalanes, vascos y gallegos. Más les valdría reunirse para ver por qué el nacionalismo del PNV, CiU y BNG está en claro retroceso. Y qué carajo pintan partidos racistas católicos y de derechas como el PNV con otros burgueses y católicos como CiU y uno de izquierda (ahora más acomodada, pero izquierda al fin y al cao) y anticlerical como el BNG.

Al final sólo les une su antiespañolismo...¡qué triste!

Xarope #2 16/Xuño/2008 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O BNG em "franco retroceso" ... ???

Aguarda polas próximas eleições castrom, que vais ver o "retrocesso" que ides levar ..

:DDD

teixugo #3 16/Xuño/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

CASTROM!!!!! CUÑAAAOO

O CASTROM!


DA-ME A MIM O CORPO QUE FEIJOOY,
VAI SER TÃO PRESIDENTE COMA RAJOOY...

sinmail #4 16/Xuño/2008 sinmail
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

querido gaviotero, ás veces non hai que mezclar a política de por medio, aqui estase falando de creadores en diferentes linguas, a ver se aprendes o que é o respeto, eu coñezo a militantes do pp que teñen amigos no bng ou no psoe e viceversa. os ideais políticos non deben influir para deixar de respetar a certas persoas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: