Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TRIATLóN

Galiza domina en Marrocos

A selección galega de triatlón liderou a clasificación masculina e a feminino por equipos na proba de Larache. Ademais, Valiño e Trillo gañaron en Vigo.

Redacción - 13:52 16/06/2008
Alberto Trillo, do Bricosa Arcade Inforhouse

Alberto Trillo, do Bricosa Arcade Inforhouse

A selección galega de triatlón foi a gran protagonista da III Proba Internacional de Larache (Marrocos). Os irmandiños e as irmandiñas do triatlón dominaron as dúas clasificacións por equipos, a masculina e a feminina, superando a Andalucía e a Marrocos, que foron segunda e terceira respectivamente.

A proba masculina gañouna o sevillano Samer Ali, que entrou na meta seguido do malagueño Iván Tejero e do valenciano afincado en Pontevedra, Jesús Gomar. O porriñés Borxa Conde e o ferrolán Rubén Bouza foron cuarto e quinto respectivamente.

Na proba feminina, a pontevedresa Estefanía Domínguez finalizou segunda, sendo tan só superada pola cordobesa Beatriz Jiménez. Saleta Castro e María Martínez completaron a boa actuación de Galiza cun cuarto e quinto posto.

Aida Valiño e Alberto Trillo gañan en Vigo
A luguesa Aída Valiño (Cidade de Lugo Fluvial) e o coruñés Alberto Trillo (Bricosa Arcade Inforhouse) gañaron este sábado no Triatlón de Vigo, que foi (xunto coa proba de Lanzarote) o sexto e último clasificatorio para conseguir praza para o Campionato Estatal Elite, Sub-23 e Grupos de Idade, que se ha desenvolver en Ferrol os días 13 e 14 de setembro.

A de Vigo era a sexta competición que puntuaba para o Estatal, cunha distancia sprint (750 metros a nado, 20 quilómetros sobre a bici e 5 de carreira a pé). Houbo, ademais, outro galego no podio: o tamén coruñés e compañeiro de equipo de Trillo, Manuel Vieito, que foi segundo na proba masculina.


Ligazóns

3.75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: