Presuntamente, catro funcionarios do módulo de menores bateron en Santiago Vigo. Avogados de Ceivar e médicos forenses xa interviñeron no caso.
Centro pemitenciario de Aranjuez
Santiago Vigo, un dos mozos detidos o pasado mes de decembro en Portosín acusado de transportar un artefacto explosivo no coche, denunciou a través dunha chamada telefónica á súa familia as supostas agresións das que foi obxecto por parte de catro funcionarios do centro penitenciario de Aranjuez onde permanece preso.
Segundo informou este martes o colectivo Ceivar, Vigo recibiu dúas malleiras consecutivas o pasado sábado logo de manter un vis a vis coa súa nai e co seu irmán. Os golpes, en diferentes partes do seu corpo, motivaron a suspensión por parte da dirección do centro da visita que tiña prevista para o domingo.
A primeira das agresións produciuse unha vez finalizado o encontro, sinalou Ceivar, cando os carcereiros lle solicitaron a Vigo que se espise de arriba abaixo para ser revisado "por razóns de seguranza". O preso exixiu unha bata coa que cubrirse, e este, segundo lle confesou por teléfono á familia, recibiu un trato humillante por resposta e a primeira das malleiras.
Vigo foi trasladado ao módulo de illamento. Polo camiño levou de novo "puñadas e pancadas de forma xeneralizada por todo o corpo", afirmou. Os funcionarios racharon a roupa do preso, e así permaneceu no habitáculo durante "aproximadamente tres días". Ademais, de volta ao módulo de menores, o xefe de Servizos supostamente ameazouno para que non denunciase o suceso.
Ceivar informa na súa web de que avogados do colectivo, así como médicos forenses xa interviñeron no caso. Esta non é a vez primeira que tanto Vigo como o outro detido en Portosín e retido en Aranjuez, José Manuel Sánchez, -ambos os dous militantes independentistas- son obxecto de agresións físicas. A Audiencia Nacional acúsaos de pertenza a organización terrorista, de tenza de explosivos e de conspiración para cometer estragos.
E digo eu, durante o processo de adoctrinamento que o levou a deitar ao lixo a sua juventude, nenhum gurú do independentismo lhe explicou o tema das malheiras na cadeia? esses que estão mais preocupados na política-ficção que em pisar a prissão... pobre rapaz.
E despois rachan as vestiduras os defensores do Estado de dereito cando as ONG contra violación dos dereitos humanos din q na España se tortura os presos: seguro q menten.
E digo eu, ruixordo, por que denunciamos a repressom franquista? Ou é que no processo de adoutrinamento que levou tantos comunistas, nacionalistas, anarquistas... a deitar ao lixo as suas vidas, nengum guru da revoluçom lhes explicou o tema dos campos de concentraçom e as mortes nas cunetas?
Já o dizia Pinheiro: se se cingissem ao trabalho cultural, nom teriam que pagar este tipo de consequências. Se som eles, que as buscam... e por riba tenhem a indecência de sujar os nossos ecráns e turbar a nossa ciber-militáncia com denúncias e chamados à solidariedade.
Quanta indecência...
carraboujo: evidentemente hai que denunciar calquera malleira que se produza contra un preso (para iso están as organizacións serias como Amnistia Internacional). Agora ben, non sei se suxires que o rapaz que carrexaba unha bomba no coche estaba a facer algún tipo de "traballo" pola democracia ou pola liberdade de Galiza? Porque se é iso o que pretendes dicir, eu non o vexo claro.
Fixera o que fixera ese rapaz, é inocente ata que vaía a xuizo, e a xuizo ainda non foi.
Cos fascistas, o respeto hai que gañalo, que os carceleiros sintan o medo, que non lles saía gratis.
ciber-militancia? e logo, têm internet nas cadeias espanholas? não sabia eu.
é melhor estar na casinha fazendo palhas e falando de ortodoxia e do necessário sacrifício de dous moços de 18 anos. Vai-lho explicar à família se não tens vergonha.
Eu na liña de Atlantico, amplio máis aló e digo que ainda que sexa inocente, ten posibilidades de ser declarado culpabel sendo inocente, ou que sendo acusado pola polícia dalgún delito, estes non porcederan formalmente e sendo inocente ou culpabel, haxa que deixalo en libertade.
Manifestar dende esta páxina a miña solidariedade co colectivo antirepresivo Ceivar, e a familia dos presos, en especail calquer preso que reciba un trato que atente contra os dereitos humáns (fixera o que fixera)
Gaviotero.. aqui boto de menos uns dos teus comentarios...
bueno para que digas que todo é mentira... mellor non digas nada, pero xa ves a tua democracia sustentase sobre a tortura, despois falanos de constitución ha ha ha.
eu non creo neses sacrificios inutiles de dous nenos, creo q uxio caamanho sabía o que facia e porque o facia, pero creo q ese meniño non sabia o que estaba facer nin onde realmente se estaba a meter, e a aqueles q se adican a reclutar mozos para esto digolles que deixen de predicar un pouco polas tabernas e vaian eles a facer a loita polas obras.
PORCOS...