Unha folla de cálculo colgada na rede permite saber a canto ascenderá a nosa factura. O Senado aproba unha moción do BNG sobre a tarifa nocturna.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) conta na súa web cunha folla de cáculo que lles permite aos consumidores saber con exactitude a canto ascenderá o noso recibo da luz, se se manteñen as subas previstas polo goberno español. O simulador elabora as contas, unha vez introducidos datos como a potencia contratada, a discriminación horaria ou o período de lectura.
Tanto a Consellería de Industria, como os consumidores rexeitan esta suba prevista para o vindeiro 1 de xullo e cualifícana de "esaxerada". Din que os cambios derivados da supresión da tarifa nocturna e o seu paso a outra de discriminación horaria poderían supor un aumento no recibo que iría dun 13% a un 16%.
O Senado aproba unha moción do BNG
Fernando Blanco denunciou tamén que non se explica con claridade de onde sae o déficit tarifario que se quere compensar. A comisión de Industria do Senado aprobou esta mesma semana unha moción impulsada polo BNG onde se lle demanda ao goberno español que non suprima a tarifa eléctrica nocturna, por mor desta importante e negativa repercusión económica que tería sobre os consumidores.
Este canon qsue quere cobrar a axencia eléctrico-gubernamental non é máis qsue unha EXTORSIÓN descarada ós fogares receptores da electricidade, pois ben se saciaron ó cobrarnos a tarifa diurna BASTANTE MÁIS CARA que ó resto dos consumidores -muitísimo, si consideramos ás empresas-.
Aproveitan tódalas circunstancias e as administracións, postas ó servicio dos seus intereses polos políticastros de turno, (auténticos mercenarios que vivindo do voto da población, só traballan en interese da minoría empresarial).
Non ten maior explicación -e moitísimo menos se consideramos o BILLÓN que nos burlaron as eléctricas das mans do Ánsar- qsue unha LEGALIZADA e INSTITUCIONALIZADA E X T O R S I Ó N ! (con tódalas letras)
Agora unha de explicacións máis centíficas e menos intereseiras qasue as que por ahí se venden. Por qué soben os precios? Quénes, qué clases poden intervir na suba e cuales non, só sofrela? Úsase en economía a suba de precios para millorar as propias posicións no mercado? Quénes si CONTROLAN o MERCADO LIBRE?
http://www.rebelion.org/notici...
extorsión, engano, roubo, escalo, saqueo, afane, mangue, rapiña ...
ten razón ecoe: o papel dos estados é, ahora mesmo, lexitimar os desfalcos das grandes corporacións é actuar de correa de transmisión dende o peto dos cidadán ao das empresas, subvertindo o idioma cantas veces faga falla e enchéndose os carrillos de democracias e xustizas, mentras o contribuínte é sisado sen pausa o máis puro estilo carlos cano con esos gachos trajeaos, que viven de ná y nos roban, nos roban.
así hasta que a un ou dous se lles crucen os cables e crucifiquen a medio parlamento nunha torreta.
Faime gracia o ecoloxismo dalguns, que despois adicanse a sabotear medidas coma as da tarifa nocturna polo simple feito de que os de sempre gañen mais cartos agora que hai crise e polo tanto o consumo industrial vai a baixar.
Ao final quen paga? coma sempre o cidadan...