Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A poxa déixao en mans galegas

O Pazo de Baión será de Condes de Albarei

Ademais da produción do viño, o Pazo deberá manter un proxecto que traballa na reintegración de drogodependentes.

Redacción - 14:00 23/06/2008

15 millóns de Euros. Este será o prezo que pagará a adega galega Condes de Albarei polo Pazo de Baión, a propiedade que hai 13 anos fora incautada ao narcotraficante Laureano Oubiña. A empresa vitivinícola resultou ser a adxudicataria nunha poxa na que competía con Marqués de Riscal e Martín Códax. A súa oferta foi a máis alta e farase co pazo localizado en Fontán, no concello de Vilanova de Arousa.

Na Mesa de Adxudicacións do Plan Nacional sobre drogas, onde se realizou a poxa, quedaron fora as outras dúas adegas, ademais de Freixenet, que xa quedara descolgada nunha primeira fase. O pazo contén dous edificios rodeados dunha ampla zona adicada ao cultivo de viñedos para a elaboración do viño Albariño.

Contra as drogas
A explotación deste pazo levará canda si un proxecto coordinado polo Plan Nacional sobre Drogas para a reintegración de persoas en proceso de rehabilitación e outorgará unha parte do beneficio obtido a asociacións de loita contra a droga.

Este é o xeito de manter vivo o legado deste enclave. O Pazo de Baión fóralle expropiado a Laureano Oubiña para satisfacer unha multa de 60 millóns de Euros, logo de estar implicado nunha operación contra o narcotráfico.

Este proceso de adxudicación que vén de rematar pasou xa por diferentes trámites, incluído un recurso das dúas fillas de Oubiña ante o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo para que se paralizase a poxa porque podería lesionar os seus dereitos como herdeiras de Esther Lago, falecida nun accidente de tráfico en 2001, pouco despois de saír da cadea. A corte europea desestimou aquel recurso e reiniciou o proceso que vén de finalizar.


5/5 (3 votos)

Comentarios (4)

baltar69 #1 23/Xuño/2008 baltar69

oh, a mín sempre me pareceu un tanto chamativo que o emblema da loita contra o narcotráfico e a drogadición se entregue a unha sociedade que produce, mira que ben, un dos productos máis nocivos e dopantes que hai. inútil enumerar a cantidade de efectos secundarios queproduce o alcohol, a súa repercusión nas familias e nos mozos... cá, eso é industria, paga impostos e salarios.
o outro, o de laureano, era un desastre. non daba un peso as arcas do estado e por encima, igual ca mín, jardaba os cartos na vija.

Anxo #2 23/Xuño/2008 Anxo

Baltar creo que estas a ser demagoxico, paréceme ben que parte da producción de viño de calidade se done a entidades de loita contra a drogadición e nesa empresa se reintegre na sociedade a persoas ex-drogadictas.

O alcol non creo que sexa nin unha substancia nociva nin dopante, primeiro se fose nociva non podería poñerse a venda e dopante non coñezo ningún caso de deportista que fose descalificado por beber viño.

Con respecto aos mozos, ainda nunca vin facer botellón con viño de calidade, nin con albariño, sei que debes ir de botellón a zonas "pijas".

É será moito mellor que sexa unha industria legal que repercuta os seus beneficios na sociedade, que non unha ilegal, que ainda por riba non traía ningún beneficio a sociedade na máis que ao propio Oubiña.

baltar69 #3 23/Xuño/2008 baltar69

demagóxico? eu?
non ho; eu serei irónico, zafio, resentido, faltón ou directamente parvo, pero demagóxico non. non confundamos os conceptos.
ahora ben, toda esta gleba administrativa que nos manexa e nos dí cada día o que queremos oir, todos esos sesudos colaboradores das páxinas de opinión e toda esa marabunta de bempensantes nais de familia que aplaudian e berraban improperios no sepelio de esther lago e sinalaban ó viudo coma causante dos desastres familiares, mentras o marido se manda uns coñacs ou uns güisquis ó coleto.
esos, amigo anxo, independentemento do respeto ou simpatía que un poida ter por eles, sí son demagóxicos.

Anxo #4 24/Xuño/2008 Anxo

Demagoxia: Razoamento enganoso que busca conseguir o apoio dos demais para beneficio propio.

Quizais Baltar, non sexa acertado chamarte demagoxico pois non buscas beneficio propio. Pero si conseguir apoios a tua reflexión.

Así que se queres direi que eres retranqueiro.

Non vou xeralizar coma ti, non sei se todas as nais que berraban, e acusaban ao clan dos Oubiña dos seus desastres familiares tiñan aos seus maridos bebendo coñacs ou güisquis nas tabernas, non os coñezo, nin vivo na zona.

Tampouco vou acusar aos Oubiña dos desastres familiares, pois cada quen é libre de consumir o que queira e ten que apandar coas suas consecuencias.

O que si digo e dixen é que me parece moi ben que a unha persoa que se enriqueceu de forma ilicita, se lle embarguen os bens que adquiriu de ese "traballo" ilícito, que esos bens sexan subastados, e o recaudado revirta na sociedade (neste caso nas asociacións contra a droga), paréceme ben que se deixe seguir a unha adega coa súa producción, paréceme ben que teñán que contratar persoas rehabilitadas para que se reintegren na sociedade que teñén dificil o acceso ao mercado laboral, pareceme ben que parte do beneficio de esa empresa teña que revertir na sociedade.

Non sei que de malo ten todo eso. Quizais prefeririaas que esos bens os quedasen os seus familiares e os cartos os gardasen nas "vijas" ou nun banco dun paraiso fiscal.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: