Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 1 AO 10 DE AGOSTO

Leilía, Mutenrohi e Quempallou encabezan a delegación galega en Lorient

Ademais, estarán na Bretaña a Banda de Gaitas Xarabal e o Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos.

Redacción - 12:15 24/06/2008

O folc tradicional progresivo de Quempallou abrirá a participación galega en Lorient, ás dez da noite do 1 de agosto, xornada inaugural do festival; e repetirán tres días despois, o luns 4, ás nove e media. Tamén ese luns 4, ás dez da noite, será o turno de Mutenrohi, que porá a bailar ás ducias de milleiros de asistentes ao festival; Mutenrohi repetirá concerto o martes 5 ás tres da tarde e o xoves sete ás nove e media da noite. Pola súa banda, as Leilía actuarán no derradeiro día de festival, o domingo dez, e de novo ás dez da noite.

Mentres, a Banda de Gaitas Xarabal subirá ao escenario o sábado 2 ás dúas e media da tarde. Tamén estará en Lorient o Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos, e numerosos artistas galegos participarán nalgúns dos certames musicais que se celebran no marco do festival. Por exemplo, Linho do Cuco, que competirá no Trofeo de Música Celta 'Cidrerie du Terroir'; Carlos Quintá participará no Trofeo Intercéltico de acordeón diatónico; e os gaiteiros Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, intentarán gañar o Trofeo de Solistas de Gaita 'McCrimmon'.


3.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: