Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
É o monte Elbrus, no Cáucaso

Uns lugueses na montaña máis alta de Europa

Unha expedición do Club de Montaña Mustallar de Lugo ha subir a este cumio, de 5.642 metros de altura. Alí colocarán, entre outras cousas, unha pequena muralla de Lugo.

Redacción - 18:09 24/06/2008
Montañistas no Elbrus / Flickr: se7ensummits

Montañistas no Elbrus / Flickr: se7ensummits

Unha expedición lucense, formada por seis homes e dúas mulleres, socios todos do Club de Montaña Mustallar (tira o seu nome do pico máis alto da provincia de Lugo, situado n'Os Ancares), ha subir, o vindeiro 5 de xullo, ao monte máis alto de Europa, o monte Elbrus, situado na cordilleira do Cáuscaso, en Rusia.

O monte mide 5.642 metros e é o quinto cumio do mundo, e segundo o director técnico da expedición, Juan Mosquera, halles levar sobre 15 horas coroalo (dez para subir e cinco para baixar ao campamento base, instalado aos 3.700 metros). Ademais, agárdanos temperaturas duns 20 graos baixo cero e un glaciar que haberá que atravesar. Para este reto os montañeiros lucenses contan cun guía local e cunha aportación económica da Consellaría de Cultura e Deporte.

Ao chegar ao cumio han depositar unha bandeira española, unha galega e unha réplica da muralla de Lugo.

Cando superen este desafío, pensan en subir ao Aconcagüa, nos Andes (a cuarta montaña máis alta do planeta, con 6.962 metros), coroándoo pola cara oeste; mais isto queda para o 2011.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: